DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2010 pola que se convocan probas para o paso de niveis e graos das diferentes especialidades de defensa persoal policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2010, e en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Federación Galega de Loitas Olímpicas, anúnciase a convocatoria de probas de paso de niveis e graos das diferentes especialidades de defensa persoal policial, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: proba de paso de niveis e graos de defensa persoal policial.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: que o persoal das Forzas e Corpos de Seguridade e os profesionais de seguridade privada que desenvolven o seu labor en Galicia poidan mellorar a súa capacitación profesional, os seus coñecementos e o desenvolvemento profesional das súas funcións nos niveis e graos das diferentes especialidades da defensa persoal policial.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as: persoal das Forzas e Corpos de Seguridade, así como profesionais de seguridade privada.

Prazas ofertadas: sen límite.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 15 de decembro de 2010.

O persoal que desexe participar nesta actividade deberá formalizar a solicitude e os demais requisitos de participación que estarán publicados na páxina web da Federación Galega de Loitas Olímpicas http://www.fegaloita.org, epígrafe formación e promoción.

As solicitudes deberán presentarse na sede da Federación Galega de Loitas Olímpicas, rúa Fotógrafo Luis Casado, 17 local 6, apartado de correos 1989, CP 36209, Vigo (Pontevedra), teléfono: 986 24 75 19, fax: 986 24 75 21, email: info@fegaloita.org.

Requisitos de participación:

a) Ser membro das Forzas e Corpos de Seguridade ou persoal de seguridade privada.

b) Deberá presentarse fotocopia compulsada do nivel ou grao anterior para o que se desexa examinarse e,

c) Certificado de ter realizado as horas mínimas establecidas segundo niveis, categorías e titulacións das especialidades de defensa persoal policial (xúntase cadro coas horas mínimas establecidas como anexo a esta resolución). O dito certificado será expedido pola Federación Galega de Loitas Olímpicas, única habilitada para impartir as ditas especialidades.

Listaxe de admitidos.

A Federación Galega de Loitas Olímpicas configurará a listaxe dos solicitantes admitidos para cada unha das probas segundo os diferentes niveis, categorías e titulacións das especialidades de defensa persoal policial, e remitiraos á Agasp antes do día 16 de decembro de 2010.

O día 16 de decembro de 2010 publicarase na páxina web da Agasp, http://agasp.xunta.es o listado das solicitudes de participación que reúnan os requisitos mencionados anteriormente.

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada).

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

Data da proba: 18 de decembro de 2010.

5. Dereitos e deberes dos solicitantes que concorran ás probas.

Durante o desenvolvemento das probas aos solicitantes seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do día 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro).

6. Diploma.

Aos solicitantes que superen as probas correspondentes aos diferentes niveis, categorías e titulacións das especialidades de defensa persoal policial, expediráselles un diploma conxunto pola Federación Galega de Loitas Olímpicas e a Agasp.

7. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Federación Galega de Loitas Olímpicas poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 24 de novembro de 2010.

José Carlos García Bouzas

Director xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "23100D006P011.PDF"