DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.807

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 48.04.322C.480.0 ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2010.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Promoción do Emprego

Ver referencia pdf "23100D003P007.PDF"

Ver referencia pdf "23100D005P010.PDF"