DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 01 de decembro de 2010 Páx. 19.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 48.04.322C.472.6 e 48.04.322C.470.0, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80%, a través do Programa operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL),cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2010.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Promoción do Emprego

Ver referencia pdf "23100D003P007.PDF"