DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2010 Páx. 19.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2010 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 20 de abril de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol). As ditas bases publicáronse mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 142, do 27 de xullo).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con data do 27 de outubro de 2010 ratificouse a adhesión da entidade financeira Banco Popular Español, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12º a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11º.1 a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único.-Engadir a entidade financeira Banco Popular Español, S.A., á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol), asinado o 22 de xullo de 2010.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2010.

Joaquín Varela de Limia de Cominges

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica