DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2010 Páx. 19.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 24 de novembro de 2010 pola que se declara a nulidade das ordes do 25 de outubro de 2010 publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23 de novembro.

Con data do 23 de novembro de 2010 publícanse dúas ordes do 25 de outubro de 2010 que modifican os artigos 21º e 19º referidos á ampliación das datas límite para a presentación da xustificación establecidas na Orde do 9 de xuño de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia e se convocan para o exercicio 2010 e na Orde do 7 de xullo de 2010, pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais para o ano 2010.

Tendo en conta o vencemento dos prazos de presentación da xustificación establecidas nas bases e a data de publicación das modificacións indicadas, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño anular as ordes do 25 de outubro de 2010 publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 225, do 23 de novembro.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar