Advertidos erros na Orde do 19 de xullo de 2010 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006, pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 143, do 28 de xullo de 2010) fanse as oportunas correccións:
Anexo I. Moluscos bivalvos.
-Na páxina 13.700: GAL-10, 2ª fila, GAL-10/03 (parte interna da ría de Aldán).
Onde di: «Zona interna delimitada pola liña imaxinaria que une pta. Vilariño e pta. Testada», debe dicir: «Zona interna delimitada pola liña imaxinaria que une pta. do Con e pta. Testada».
Anexo II. Mapas das zonas de produción.
-Na páxina 13.712: mapa GAL-10.
Onde di: «Pta Vilariño», debe dicir: «Pta. do Con», quedando o mapa do seguinte xeito:
Ver referencia pdf "22800D010P035.PDF"
AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO
DE GALICIA