DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2010 Páx. 19.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de novembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2011.

O desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e á loita contra diversas enfermidades animais redunda nunha mellora cuantitativa e cualitativa das producións gandeiras e nunha maior rendibilidade aos titulares das explotacións.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar paulatinamente a rendibilidade desas explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

A Consellaría do Medio Rural mediante esta orde de axudas pretende estimular a integración de gandeiros nas ADSG establecendo axudas proporcionais ao sobreesforzo económico que realizan coa execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais que melloran as condicións hixiénicas das explotacións e do benestar animal, elevan o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribúen a acadar un mellor status sanitario para o gando galego.

A convocatoria e as bases destas axudas fanse no marco da regulación estatal do Real decreto 784/2009, do 30 de abril, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30º.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren o artigo 14º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular as axudas á realización de programas de planificación zoosanitaria polas entidades recoñecidas pola Consellería do Medio Rural como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG), e convocar estas axudas para o ano 2011, en concorrencia competitiva. Os programas de planificación zoosanitaria deberán incluír como mínimo os programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo VI.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas e actuacións subvencionables.

A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución duns programas sanitarios facultativos comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais.

A realización dos programas sanitarios leva consigo uns gastos adicionais para as agrupacións de gandeiros que deben contratar veterinarios que supervisen os programas e adquirir outros medios necesarios para levalos a cabo.

As axudas destínanse a subvencionar, por unha parte, os gastos de contratación de técnicos veterinarios e, por outra parte, os gastos de adquisición de medios materiais.

O artigo 10º do Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 (DO L 358 do 12 de decembro de 2006), sobre aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70 /2001, establece que estas axudas destinadas a compensar os agricultores polos custos de prevención de enfermidades de animais serán compatibles co mercado común e quedarán exentas da obriga de notificación (conforme o punto 3 dos artigos 87º e 88º).

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación desta orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

2. Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o Programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo VI desta orde, podendo ademais dispor dun programa sanitario adicional que deberá estar aprobado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

3. Cumprir co establecido no anexo I do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común na aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

4. Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 13º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 5º.-Procedemento de presentación de solicitudes e documentación.

1. Para poder ser beneficiario destas axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta orde, xunto coa documentación especificada no número 3 deste artigo.

A presentación das solicitudes farase exclusivamente en formato electrónico no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. O formulario de solicitude deberá ser cuberto e validado polo solicitante a través da aplicación informática á cal se accede seleccionando o procedemento administrativo MR237B, no enderezo da internet http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia. Tamén se pode acceder desde o enderezo https://www.xunta.es:444/MR-ADSGS-Web.

Ao formulario de solicitude soamente poderán acceder as ADSG recoñecidas na Comunidade Autónoma de Galicia mediante o uso dun nome de usuario e contrasinal previamente asignados. Para cubrir correctamente os formularios de solicitude no mencionado enderezo da internet, disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes.

O anexo I desta convocatoria publícase no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para efectos informativos, sendo necesario empregar a antedita aplicación informática para cubrilos, validalos e presentalos telematicamente.

O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54º e 56º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes deberán ser asinadas mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, emitirase un recibo, que poderá ser impreso e gardado polo interesado, mediante o que quedará constancia do feito da súa presentación. A obtención deste recibo é o que lle garante ao solicitante que a presentación tivo lugar e acredita fronte á Administración e fronte a terceiros a presentación da solicitude.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o ultimo día do mes.

Poderanse cubrir e rexistrar os formularios a través da aplicación informática ata as 24.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

3. Os solicitantes deberán cubrir ou xuntar, segundo o caso, como documentos anexos á solicitude en soporte dixital, a seguinte documentación, empregando para isto a propia aplicación informática:

a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante, se é o caso.

b) Acreditación da representatividade do solicitante mediante certificación do secretario.

c) Copia do código de identificación fiscal.

d) Relación informatizada actualizada de explotacións da ADSG e os seus censos, segundo o anexo II.

e) Copia da acta ou certificación do secretario da agrupación de defensa sanitaria gandeira, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda e se asume o compromiso de execución do Programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural.

f) Certificado actual e orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

g) Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a declaración que figura no anexo III.

h) Acreditación segundo o anexo V, do cumprimento da condición de pemes das explotacións integradas na ADSG.

i) Cronograma e planificación do desenvolvemento do Programa sanitario marco obrigatorio, adaptado á realidade da propia ADSG en que se inclúa unha estimación das mostras que se remitirán ao longo do ano ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga), e, se é o caso, memoria do programa sanitario adicional de actuación que se pretende desenvolver, en que se definirán obxectivos e o prazo de execución. A planificación presentada debe ser agrupada en prazos trimestrais. Os referidos documentos estarán asinados polo veterinario ou veterinarios responsables e polo presidente da entidade recoñecida como agrupación de defensa sanitaria gandeira.

j) Orzamento, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas:

1) Gasto por remuneración de veterinario/s ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios (punto 8.1.1). Se a ADSG contase con máis dun veterinario para a realización do programa sanitario, deberá especificarse o solicitado por cada un deles.

2) Gasto en produtos de subvención preferente (punto 8.2.1).

3) Gasto noutros produtos subvencionables (punto 8.2.2).

4) Gasto por material non subvencionable.

No caso dos produtos subvencionables desagregarase o gasto previsto para cada produto. O orzamento deberá estar asinado electronicamente polo presidente da entidade e polo veterinario responsable da execución do programa sanitario, empregando para iso a sinatura dixital do DNI electrónico.

A súa presentación deberá ser conforme o anexo IV.

k) Contrato dos técnicos responsables da súa execución e, se é o caso, con inclusión dunha cláusula no dito contrato que especifique a dedicación profesional exclusiva para o programa sanitario da agrupación de defensa sanitaria gandeira.

l) Copia compulsada do título dos técnicos responsables da súa execución.

m) Documento que indique para cada veterinario que participe no programa o nome e apelidos, NIF, número de colexiado, enderezo, teléfono e enderezo electrónico.

n) Factura pro forma dos materiais que se van adquirir e da prestación de servizos veterinarios (cando a contratación destes sexa a través dunha empresas), ou facturas se é o caso.

De acordo co artigo 31º, número 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no caso de subministracións de materiais ou prestación de servizos veterinarios por empresas, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a presentación do servizo ou á entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

En relación cos documentos exixidos identificados na relación anterior coas letras a), c), k) e l), se foron presentados no trámite de recoñecemento ou validación anual da entidade, poderán ser substituídos por unha declaración do secretario da ADSG que indique que os ditos documentos xa se atopan en poder do órgano actuante e de que as condicións ao respecto non cambiaron.

Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase o interesado na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, para que nun prazo de dez días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, considerarase que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

A emenda e mellora da solicitude farase igualmente en formato electrónico empregando a mesma aplicación informática de presentación da solicitude. O envío, en soporte dixital da documentación requirida para a emenda quedará rexistrado automaticamente no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.

4. De acordo co artigo 20º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de axuda comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

5. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

6. De acordo co establecido no artigo 2º do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, non será exixible a fotocopia do documento nacional de identidade nin do documento de identificación de estranxeiros/as sempre que o/a solicitante preste o seu consentimento para que o órgano xestor poida realizar a consulta por medio telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas que, para tal fin, estableza o departamento competente en materia de xestión da Administración electrónica.

A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 6º.-Tramitación e resolución.

O órgano competente para a instrución e tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Para eses efectos constituirase un órgano colexiado formado polo subdirector xeral de Gandería como presidente, o xefe do Servizo de Sanidade Animal como vogal e o xefe do Servizo de Dotación de Medios como secretario, que elevarán un informe técnico ao director xeral de Produción Agropecuaria para que formule a proposta de resolución das axudas.

O expediente será resolto polo conselleiro do Medio Rural, por proposta do director xeral de Produción Agropecuaria, e poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta, outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados; neste caso, a proposta de resolución formulada terá carácter definitivo. A resolución de concesión da axuda notificarase nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo os interesados poderán entender desestimadas as peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Artigo 7º.-Concorrencia e acumulación de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Xunto coa solicitude inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións ou entes públicos, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas ou o anexo III debidamente cuberto.

En calquera caso, coas xustificacións, e se houbese modificación da declaración anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 8º.-Contía das axudas.

8.1. Para a cuantificación da subvención para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

8.1.1. As porcentaxes estipuladas serán de ata o 50% da remuneración de persoal facultativo veterinario responsable do programa sanitario sen exclusividade, que poderá acadar o 90% se acredita dedicación exclusiva ao programa e de ata o 50% no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa). Esas porcentaxes máximas de axudas acadaranse no caso de non superar as limitacións establecidas nos números 8.1.2 e 8.1.3 e se hai dispoñibilidade orzamentaria.

8.1.2. Subvenciónase, como mínimo, a contratación de servizos técnicos ou a remuneración de persoal facultativo para un veterinario responsable por ADSG. Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dun veterinario responsable por ADSG.

En todo caso, establécese o límite máximo de 34.000,00 euros de gasto subvencionable por cada veterinario que traballe en programas sanitarios de ADSG.

Para que unha contratación de veterinarios en réxime de exclusividade poida ser subvencionada esta terá que ser, como mínimo, de 22.000,00 euros.

8.1.3. Ademais, o total do importe de subvención motivada por contratación de técnicos non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidade de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

-8,9 para ADSG de vacún, ovino e cabrún.

-7,9 para ADSG de porcino.

-3,9 para ADSG de avicultura e demais especies.

-7 para ADSG de cunicultura.

8.2. No que respecta á subvención aos outros gastos dos programas sanitarios das ADSG, serán subvencionables os gastos de adquisición dos seguintes materiais e ata as porcentaxes que se indican nos puntos 1) e 2), e sempre que non se superen as limitacións en función das UGM.

1) Produtos de subvención preferente: no cálculo inicial das axudas a subvención aos gastos en produtos recollidos neste punto, poderá chegar ata o 30%.

-Vacinas marcadas fronte ao IBR.

-Vacinas fronte á enfermidade de Aujeszky.

-Vacina fronte á salmonelose aviaria.

2) Outros produtos subvencionables: no cálculo inicial das axudas a subvención aos gastos en produtos recollidos neste punto, poderá chegar ata o 20%.

-Vacinas aplicadas dentro dos programas sanitarios aprobados.

-Desinfectantes, raticidas e desinsectantes.

-Produtos antiparasitarios.

As cantidades e tipoloxía dos produtos subvencionados serán acordes co contido do programa aprobado e coa dimensión da ADSG.

Ademais, as contías serán proporcionais ás dimensións do programa sanitario respecto da especie e o número de animais abranguidos, así como os distintos aspectos sanitarios previstos.

A cuantificación dos importes de subvención aos gastos de materiais terán como límite máximo o establecido para cada agrupación. O dito límite calcularase en función da súa dimensión (número de UGM implicadas), multiplicando o número total de UGM de cada ADSG polo valor establecido para cada UGM, que para o ano 2011 é de 1,01 €. No caso de agrupacións de porcino, subiranse os ditos límites ata nun 15%.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia publicado no DOG do 8 de maio de 2001). Para as especies non recollidas na citada publicación aplicarase unha equivalencia.

8.3. Se o crédito dispoñible resulta insuficiente, establécese a seguinte prioridade entre liñas na asignación da axuda:

A) Axuda á remuneración de veterinario e á contratación de servizos técnicos veterinarios.

B) Axuda aos gastos en produtos sinalados como de subvención preferente no punto 8.2.1.

C) Axuda aos gastos en produtos sinalados como outros produtos subvencionables no punto 8.2.2.

8.4. Coa finalidade de acadar unha maior eficacia nos resultados dos programas de control e prevención sanitaria, procurando que o executen o maior número posible de explotacións localizadas no territorio das ADSG, estimularase o crecemento e a adquisición de capacidades das agrupacións incrementando as axudas calculadas inicialmente do seguinte xeito:

8.4.1. Nas ADSG de gando bovino, que alcancen o ámbito territorial da comarca en que están recoñecidas, cumprindo os requisitos mínimos de censos e explotacións establecidas na normativa, o importe calculado conforme o establecido nos puntos 8.1. e 8.2., verase incrementado nun 20% na axuda a gastos de contratación de veterinarios, sen que poida superarse o 100% do gasto; a subvención para gastos de materiais de axuda preferente será do 60%, e a destinada a outros gastos necesarios para o desenvolvemento dos programas sanitarios aprobados verase incrementada nun 10% sobre a porcentaxe outorgada ás demais ADSG.

8.4.2. Cando nunha comarca veterinaria se acade un proceso de fusión entre ADSG existentes da mesma especie, verase incrementado nun 10% na axuda a gastos de contratación de veterinarios; a subvención para gastos de materiais de axuda preferente será do 50%, e a destinada a outros gastos necesarios para o desenvolvemento dos programas sanitarios aprobados verase incrementada nun 10% sobre a porcentaxe outorgada ás demais ADSG. Este incremento aplicarase só para o ano en que se producise a fusión.

8.4.3. Para os efectos do cálculo das axudas, no caso de procesos de fusión, terase en conta que os compromisos e dereitos correspondentes ás ADSG que se fusionan serán adquiridos pola ADSG resultante da fusión; así o importe inicial da subvención, obtense sumando o importe calculado para cada unha delas conforme o establecido nos puntos 8.1 e 8.2. Para que as agrupacións resultantes poidan ser beneficiarias dos incrementos nas axudas previstos nos puntos anteriores, deberán obter o recoñecemento antes do 30 de novembro do ano 2010.

8.5. Criterios de outorgamento da subvención.

As solicitudes serán ordenadas en función da súa puntuación de acordo cos seguintes obxectivos e cun máximo de 70 puntos:

a) Terán prioridade as solicitudes daquelas ADSG que integren un maior número de explotacións e de gando. Obterase a puntuación unha vez clasificadas as ADSG segundo os seguintes criterios:

Nº de explotacións Nº puntos Censo (nº UGM) Nº puntos

0-100 5 <1.500 5

101-300 10 1.501-3.000 10

301-500 15 3.001-5.000 15

>500 25 >5.000 25

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 50 puntos.

b) Número de técnicos veterinarios contratados pola ADSG con dedicación exclusiva para o desenvolvemento do programa sanitario. Aplicarase a seguinte puntuación:

Nº veterinarios con exclusividade Nº puntos

1 10

>1 20

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 20 puntos.

8.6. No caso de que reste un remanente orzamentario pola aplicación das prioridades na asignación e límites especificados na primeira liña de preferencia 8.3. A), este repartirase proporcionalmente na segunda 8.3. B), e a continuación na terceira 8.3. C). Se unha vez cubertas as necesidades da terceira aínda houbese crédito poderán superarse as porcentaxes de financiamento dos produtos subvencionables empregados nos programas sanitarios seguindo os criterios de preferencia e repartición indicados a aquelas ADSG que non superasen o límite por UGM establecido no punto 8.2.

En todo caso, o importe da axuda non superará nunca o 50% dos investimentos subvencionables relacionados cos produtos necesarios para a execución do programa sanitario ou coa contratación de servizos técnicos e o 100% da remuneración ao persoal veterinario, ademais o total do importe de axuda pública non superará o 50% do gasto total do programa da ADSG.

Poderán efectuarse pagamentos anticipados ata o 50% da adxudicación sempre suxeitos aos correspondentes réximes de garantías, na forma e condicións previstas para o efecto no artigo 25º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9º.-Control de execución dos programas.

O control administrativo farase sobre a totalidade dos expedientes, mentres que o control sobre o terreo abranguerá un mínimo do 5% das explotacións de cada ADSG.

Se como consecuencia dos controis se detectan incumprimentos na execución do programa aprobado en aspectos relevantes para a efectividade deste, aplicaranse deducións sobre as axudas aprobadas ponderando a gravidade e frecuencia dos incumprimentos.

Para estes efectos considéranse incumprimentos relevantes:

-Non ter executado antes do 15 de outubro do 2011 a mostraxe obrigatoria recollida no Programa sanitario marco no 75% das explotacións da ADSG, e/ou non ter realizada a dita mostraxe no 100% das explotacións na data do 31 de decembro de 2011.

-Non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente.

-Utilizar vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas, salvo nos casos de cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG.

-Permitir a saída de animais bovinos confirmados como persistentemente infectados pola BVD ou confirmados como positivos á paratuberculose con destinos diferentes do matadoiro.

-Permitir a saída de animais ovinos confirmados como positivos á paratuberculose con destinos diferentes do matadoiro.

-Non entregar aos titulares das explotacións en documento escrito as recomendacións derivadas da enquisa de bioseguridade incluída no programa, ou non realización da mencionada enquisa, cando proceda.

-Non realizar a actuación de formación ou a reunión informativa previstas no programa.

-Non realizar os controis previstos nas incorporacións de animais ás explotacións.

-Non ter feita en prazo por parte dalgunha das explotacións integrantes da ADSG a declaración censual obrigatoria establecida pola normativa vixente conforme as obrigas esixidas no punto 1 do programa común do anexo desta orde. Non se aplicará este punto para o caso das ADSG de gando bovino e de gando ovino e cabrún.

-No caso de explotacións avícolas, non realizar os correspondentes autocontrois de salmonela, cando estes sexan preceptivos, ou non telos á disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran.

-Incumprir as instrucións de remisión de mostras ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

-Non actualizar na aplicación informática as actuacións do programa sanitario realizadas no prazo de 15 días tras a súa execución.

-A realización do programa sanitario por parte de veterinario/a/s non recoñecidos para a correspondente ADSG.

As deducións aplicables no caso de detectarse incumprimentos serán as seguintes:

-No caso de non ter executada a 15 de outubro do 2011 a mostraxe obrigatoria recollida no Programa sanitario marco no 75% das explotacións, reducirase o total da axuda que se percibirá na parte proporcional ás mostraxes non executadas respecto ao dito 75% das explotacións.

-No caso de non ter executada en 31 de decembro do 2011 a mostraxe obrigatoria recollida no Programa sanitario marco no 100% das explotacións, reducirase o total da axuda que se percibirá na parte proporcional ás mostraxes non executadas.

-No caso de non executar as mostraxes obrigatorias recollidas no Programa sanitario marco en máis dun 35% das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación bovina en que se detecte a utilización fronte á IBR de vacinas que non sexan marcadas, deducirase un importe de 500 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación en que se detecte a saída de animais bovinos confirmados como persistentemente infectados pola BVD ou confirmados como positivos á paratuberculose, ou de animais ovinos e cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose, con destinos diferentes do matadoiro, deducirase un importe de 500 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación en que se detecte que non foi realizada a enquisa de bioseguridade recollida no programa marco, cando proceda, deducirase un importe de 200 € do total da axuda que se percibirá.

-No caso de non realizarse a actividade formativa ou a reunión anual establecidas no programa marco, deducirase un 10% do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación en que se detecte que non foron realizados os controis previstos nas incorporacións de animais, cando proceda, deducirase un importe de 200 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación na que se detecte que non foi realizada en prazo a declaración censual obrigatoria establecida pola normativa vixente, deducirase un importe de 200 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación avícola en que se detecte que non foron realizados os correspondentes autocontrois de salmonela (incluíndo os autocontrois de eficacia da limpeza e desinfección en baleiros en explotacións avícolas de carne), cando estes sexan preceptivos, ou non estean a disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran, deducirase un importe de 500 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación avícola en que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á salmonela, cando esta sexa preceptiva, deducirase un importe de 500 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación avícola en que se detecten, dentro dos programas de salmonela, incumprimentos referidos á inexistencia na explotación da documentación acreditativa de orixe das aves, pensos ou auga, deducirase un importe de 100 € do total da axuda que se percibirá.

-Por cada explotación porcina na que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á enfermidade de Aujeszky, cando esta sexa preceptiva, deducirase un importe de 500 € do total da axuda que se percibirá.

-No caso de detectarse incumprimentos de calquera tipo dos sinalados en máis do 35% das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao 100% da axuda que se percibirá.

-No caso de que se supere o límite do número de mostras que se deben remitir ao laboratorio, enviándose durante un mes máis do 15% do total que ten que enviar cada ADSG durante todo o ano, reducirase o importe da axuda que se percibirá nun 5% por cada mes en que se superou o límite establecido.

-No caso de que o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia informe, ao final do período subvencionable, que unha ADSG non respectou os criterios de mostraxe e de envíos de mostras establecidos, reducirase nun 20% a axuda que se percibirá.

-Por cada actuación do programa sanitario detectada como non actualizada en prazo na aplicación informática, deducirase un importe de 100 € na axuda que se percibirá.

-No caso de detectarse a non actualización da aplicación informática nun 30% das actuacións do programa sanitario realizadas, perderase o dereito ao 100% da axuda que se percibirá.

-No caso de detectarse que se realizou o programa sanitario en calquera explotación da entidade por parte dun veterinario non recoñecido na correspondente ADSG, perderase o dereito ao 100% da axuda que se percibirá.

No caso das ADSG de gando porcino, establécese unha dedución parcial de 500 € na axuda que lle corresponda cobrar á agrupación por cada unha das explotacións de produción pertencentes a ela que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. Para estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presenten positividade ao longo do dito período, e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación.

Artigo 10º.-Modificación das axudas.

10.1. As subvencións a que se refire esta orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

10.2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o que se concedeu, nos termos establecidos nesta orde.

10.3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

10.4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 11º.-Reintegro da axuda e obriga de facilitar información.

O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos demais supostos previstos no artigo 37º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Se se detectan incumprimentos en controis posteriores ao pagamento da axuda, nos procedementos de reintegro aplicaranse as reducións de axuda establecidas no artigo 9º.

Así mesmo, ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 12º.-Réxime de incompatibilidades.

As axudas establecidas nesta orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que, en ningún caso, se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 13º.-Xustificacións.

13.1. As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse na oficina agraria comarcal correspondente antes do 15 de outubro, coa excepción das nóminas de contratos laborais dos meses de novembro e decembro que poderán ser entregadas ata o 3 de decembro. Achegaranse os xustificantes do investimento total en copias compulsadas, unha relación en papel ou informatizada destes e unha memoria explicativa sobre a realización do programa auxiliado, que probe a entrega efectiva dos produtos ou a prestación efectiva dos servizos.

A relación informatizada debe incluír todos os gastos subvencionables que teña a ADSG, dos que poida presentar xustificante de pagamento (movemento bancario) anterior ao 31 de decembro de 2011, e constará dos seguintes campos: número de factura ou nómina, emisor ou beneficiario, data de emisión e data de pagamento.

Para os efectos do punto 2º do artigo 73º do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o estampillado dos xustificantes orixinais de gasto para o control da concorrencia de subvencións farase cun selo que indique subvencionado.

Para subvencionar considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.

Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas orixinais ou copias compulsadas delas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

Por regra xeral, presentarase a factura definitiva e o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e o destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser orixinal ou copia compulsada, e estará selada pola entidade bancaria.

Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque), achegarase copia do efecto mercantil acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas no gasto, deberanse identificar no documento do pagamento as facturas obxecto do pagamento.

No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento, e xuntarase dunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

Naqueles gastos subvencionables presentados en que non se xustifique o seu pagamento (movemento bancario) terase que xustificar despois o dito pagamento (movemento bancario) en prazo, para que a axuda se poida pagar.

O prazo de presentación dos xustificantes de pagamento (documento bancario) rematará o 31 de xaneiro do 2012, pero as datas do pagamento dos gastos deberan ser anteriores ao 31 de decembro de 2011.

No caso de gastos non subvencionables que se presenten para xustificar o investimento total, non se precisará achegar o xustificante de pagamento, só a xustificación do gasto.

13.2. Ademais do indicado no parágrafo primeiro deste artigo, deberán presentar unha memoria do programa desenvolvido, asinada polo facultativo responsable da execución deste, que mostre a evolución do programa no período.

13.3. De acordo co artigo 30º, punto 4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

13.4. Conforme o disposto no artigo 18º.1 do Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 (DO L 358 do 16 de decembro 2006), sobre a aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001, non poderán subvencionarse actividades levadas a cabo con anterioridade á aceptación expresa e vinculante para a autoridade competente da solicitude de axuda presentada.

Artigo 14º.-Financiamento.

14.1. As axudas que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011: 13.02.713E.770.1 dotada para esta finalidade con 2.515.000 euros.

De acordo co artigo 5º da Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, a validez desta orde estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2011, así como á subsistencia das circunstancias de feito e de dereito existentes no momento de ditarse esta.

14.2. Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Estas axudas son cofinanciadas con fondos MARM.

14.3. No caso de que queden remanentes de crédito, por falta de xustificación da totalidade dos investimentos inicialmente propostos, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento doutras solicitudes de axuda se non superan os límites establecidos nesta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Real decreto 784/2009, do 30 de abril, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segunda.-As axudas reguladas por esta orde rexeranse polas normas comunitarias aplicables e, concretamente, polo Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006 sobre a aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001.

Esta orde está suxeita á comunicación á Unión Europea e o pagamento das axudas quedará en todo caso condicionado a que os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións a estas, ou declarasen a subvención compatible co Mercado Común, e as posibles observacións e modificacións derivadas de tal pronunciamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar as normas necesarias para o mellor cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "22800D007P011.PDF"

ANEXO VI

Programas sanitarios das ADSG

As ADSG deberán executar un programa sanitario cun contido mínimo obrigatorio e, se fose o caso, poderán desenvolver un programa sanitario complementario voluntario que convirá a ADSG.

Programas sanitarios marco obrigatorios que desenvolverán as ADSG para todas as especies.

1. Obrigas. Todas as explotacións integradas nas ADSG deberán cumprir o exixido no Real decreto 784/2009 e a normativa vixente de identificación animal e rexistro de explotacións. Os veterinarios das ADSG serán responsables de levar a cabo todas as actuacións recollidas no punto 2 do artigo 6º do Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia. En especial, os veterinarios das ADSG colaborarán na Rede de Epidemio-Vixilancia de Galicia, tendo a obriga de comunicar aqueles acontecementos que poidan motivar sospeita de alerta sanitaria, colaborarán, se for preciso, na toma de mostras para as análises oficiais e achegarán o seu coñecemento do estado sanitario da explotación.

2. Formación sanitaria. Os veterinarios das ADSG fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas que estes dispoñan dunha formación axeitada. Para estes efectos, as ADSG organizarán polo menos un curso de formación ao ano, dirixido aos titulares das explotacións.

O mencionado curso poderá ser substituído, ou se é o caso facerse coincidir, cunha reunión anual en que se convoque a todos os socios da ADSG, e na cal se expoñan polo miúdo as actuacións desenvolvidas no marco dos programas sanitarios executados e os resultados delas na última anualidade.

A data, o lugar, a hora e o contido de cada curso ou, se é o caso, da reunión convocada, comunicarase polo menos con dez días de antelación, mediante escrito dirixido ao respectivo Servizo Provincial de Gandaría.

Cando se realicen, os cursos de formación deberán incluír no seu programa contidos relacionados polo menos cos seguintes temas, cando proceda e segundo a especie:

-Prevención e control das enfermidades incluídas no programa sanitario propio da ADSG.

-Formación en benestar animal.

-Plans de alerta sanitaria veterinaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na Unión Europea ou incluídas no Código Zoosanitario Internacional da Organización Mundial de Sanidade Animal.

-Pautas de bioseguridade nas granxas e protocolos de desinfección, desinsectación e desratización (DDD).

-Xestión ambiental e sustentabilidade.

-En ADSG de gando bovino, ovino e cabrún, programas de vixilancia pasiva das encefalopatías exponxiformes transmisibles (EET).

3. Fichas de actuación. Por cada explotación integrada nos programas sanitarios ou veterinario responsable da ADSG cubrirá unha ficha en que se reflictan as actuacións realizadas. As fichas elaboradas identificarán a explotación, e incluirán os seguintes campos:

-Data.

-Descrición da actuación e, se é o caso, número de animais sobre os cales se actuou.

As fichas de actuación deberán estar nas explotacións integradas no programa á disposición dos servizos veterinarios oficiais, para a súa supervisión.

4. Enquisa de bioseguridade. Os veterinarios das ADSG realizarán en todas as explotacións unha enquisa de bioseguridade, en que se recolla a infraestrutura sanitaria e as prácticas de manexo, de xeito que permita descubrir os puntos críticos en bioseguridade que poidan favorecer a entrada ou diseminación de enfermidades. Baseándose nos resultados das enquisas, os veterinarios establecerán as oportunas medidas correctoras para emendar as deficiencias detectadas, e controlarán a súa aplicación por parte dos coidadores e responsables do gando afectado. Ao respecto, os veterinarios das ADSG entregarán ao gandeiro un documento co resultado da enquisa (favorable ou desfavorable), en que se indiquen, se é o caso, as medidas correctoras que se recomendan.

Realizarase unha primeira enquisa en todas as explotacións da ADSG, así como en cada nova explotación que se incorpore a esta. Unicamente será necesario repetir a enquisa nunha explotación cando se producisen cambios substanciais nalgún dos aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo...), ou cando se detecte a aparición de enfermidades que permitan facer sospeitar deficiencias na bioseguridade da explotación.

As enquisas realizaranse segundo o modelo facilitado polos servizos veterinarios oficiais. As enquisas realizadas, xunto a unha copia dos documentos en que se indiquen as medidas correctoras indicadas ao gandeiro, estarán á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

Gando bovino.

1. Os veterinarios das ADSG deberán colaborar coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia activa, información aos gandeiros, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando bovino que a continuación se citan, encamiñados a diminuír a prevalencia e incidencia das distintas enfermidades:

7.1. Control da diarrea viral bovina (BVD).

O obxectivo das probas diagnósticas será a detección das explotacións con infección activa e se é o caso a eliminación de animais persistentemente infectados (PI), así como a investigación da orixe de novas infeccións.

En explotacións de leite seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizaranse analíticas periódicas en tanque de leite de anticorpos anti p-80. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindantes etc.). Como mínimo deberán realizarse dúas mostraxes en tanque de leite cun intervalo de seis meses. Igualmente realizarase unha mostraxe anual dunha porcentaxe significativa de animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación. En ningún caso esta mostraxe superará o 20% do total do censo do rabaño.

-Por razón de custo-eficacia, naquelas explotacións con niveis de anticorpos en tanque de leite inferior ao 25%, e sen animais novos positivos a anticorpos, non se realizarán mostraxes de animais adultos.

-No caso das explotacións en que os niveis de anticorpos en tanque do leite indiquen un grao de infección superior ao 25% e a poboación de animais novos maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación resulta positiva, procederase da seguinte forma:

a) En rabaños con máis de 40 animais en lactación farase unha mostraxe do leite do tanque para determinar a presenza do virus da BVD por PCR. Para realizar esta técnica será imprescindible achegar un informe co historial de diagnósticos do rabaño.

Un resultado positivo indicará a presenza de animais PI entre os animais en lactación polo que deberán someterse a probas individuais de detección de anticorpos da BVD en soro, que incluirán ademais dos animais en lactación, o resto dos animais do rabaño.

Un resultado negativo a PCR descartará a presenza de animais PI no grupo de lactación, polo que só se someterán a probas de anticorpos o resto dos animais do rabaño que non fosen seropositivos con anterioridade.

b) En rabaños con menos de 40 animais en lactación realizarase a proba de detección de anticorpos en todos os animais que non fosen seropositivos con anterioridade.

-Os animais negativos a anticorpos anti p-80 someteranse á proba de antíxeno se as analíticas anteriores indican a posibilidade de presenza de animais persistentemente infectados (PI).

-Considérase animal persistentemente infectado, aquel que sexa positivo a dúas probas diagnósticas de antíxeno cun intervalo polo menos de 21 días entre elas. En todo caso, un animal positivo a antíxeno, non poderá destinarse a outra explotación (exceptuando matadoiros) ata que sexa sometido a unha segunda proba de antíxeno con resultado negativo.

-Os animais confirmados como persistentemente infectados pola BVD non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo matadoiro. O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga, establecendo un plan para a eliminación destes animais. O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como persistentemente infectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicarán ao titular da explotación o posible destino dos animais sinalados, e realizarán un control estrito sobre estes.

En explotacións de carne seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizarase analítica en soro de anticorpos anti p-80 dunha porcentaxe significativa de animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación. En ningún caso esta mostraxe superará o 20% do total do censo do rabaño. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións estremeiras etc.). Como mínimo, deberá realizarse unha analítica anual.

-No caso de existir unha positividade maior do 25% neste grupo de animais, realizarase a analítica en soro de anticorpos anti p-80 do resto do rabaño que non fosen seropositivos con anterioridade.

-Os animais negativos a anticorpos anti p-80 someteranse á proba de antíxeno sempre e cando as analíticas anteriores indiquen a posibilidade de presenza de animais PI.

-En calquera caso, os animais seropositivos á proba de detección de anticorpos non serán mostrexados repetidamente, limitando as novas mostraxes aos animais seronegativos.

A realización dunha mostraxe diferente á indicada exixirá a autorización do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, logo de informe razoado do veterinario da ADSG.

Os veterinarios responsables da ADSG deberán clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas nos grupos que se indican a continuación:

1. Explotacións libres: sen presenza de infección activa da BVD nos últimos dous anos.

2. Explotacións en estudo: en proceso de realización das probas necesarias para considerala libre.

3. Explotacións infectadas: explotacións cun ou máis animais persistentemente infectados diagnosticados nos últimos 12 meses.

4. Explotacións sen clasificar: explotacións sen probas diagnósticas.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da cualificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

7.2. Control da rinotraqueite infecciosa bovina (IBR):

O obxectivo das probas diagnósticas será a diminución da prevalencia da enfermidade mediante a detección e eliminación progresiva de animais seropositivos.

En explotacións de leite seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizaranse analíticas periódicas en tanque de leite de anticorpos totais ou gB (se non vacinan) ou de gE no caso de explotacións que utilicen vacina marcada da IBR. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindantes etc.). Como mínimo deberán realizarse dúas mostraxes cun intervalo de seis meses.

-Nas explotacións en que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a ausencia de animais reactivos (dada a limitada sensibilidade desta proba), poderase realizar outra analítica en soro para detectar a posible existencia de animais seropositivos. Esta analítica farase unha soa vez coa finalidade de recoñecer á explotación como libre da enfermidade. Os animais positivos, se os houber, deberán someterse a un progresivo plan de erradicación no caso de querer cualificarse como libres, con ou sen vacinación con vacina marcada.

-Nas explotacións en que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a presenza de animais reactivos, deberá realizarse outra analítica en soro dunha porcentaxe de animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación para comprobar a ausencia de infeccións recentes. No caso de desexar ser declaradas como libres, estas explotacións deberán someterse a un progresivo plan de erradicación de animais seropositivos segundo as súas posibilidades, co fin de diminuír a súa prevalencia. En calquera caso, os animais seropositivos non serán mostrexados repetidamente, limitando as novas mostraxes aos animais seronegativos.

-A analítica da IBR non se realizará nas explotacións vacinadas anteriormente con vacinas convencionais, agás naqueles animais que non estean vacinados.

-As explotacións que cesaron a vacinación con vacinas convencionais ou que inicien un programa de vacinación con vacina marcada, deberán facer a analítica en soro dunha porcentaxe de animais novos menores de 36 meses que nunca foran vacinados con vacinas convencionais, para descartar a presenza de anticorpos de campo da IBR.

En explotacións de carne seguiranse as seguintes pautas de actuación:

-Inicialmente realizarase unha analítica en soro en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, para comprobar a presenza de anticorpos gB, ou de gE no caso de existir vacinación con vacina marcada.

-Seguiranse as pautas indicadas a partir do terceiro parágrafo das explotacións de leite.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definíndose as actuacións que se realizarán en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

As únicas vacinas autorizadas dentro do programa oficial das ADSG de Galicia fronte á IBR en explotacións de reprodución serán vacinas marcadas, de forma que no futuro permitan distinguir se un animal é positivo por vacinación ou por infección natural. No caso dos cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG, poderán utilizarse nos animais incorporados a estes vacinas fronte á IBR non marcadas.

Os veterinarios responsables da ADSG deberán clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas nos grupos que se indican a continuación:

1. Explotación libre sen vacinación: explotación en que todos os seus animais son seronegativos a anticorpos ante a proteína gB do virus da IBR.

2. Explotación libre con vacinación: explotación en que todos os seus animais son seronegativos a anticorpos ante a proteína gE do virus da IBR.

3. Explotación en programa de control da IBR: explotación en estudo, en que se instaura un proceso de control ou erradicación da IBR xa sexa con vacinación ou sen ela.

4. Explotación sen clasificar: explotación sen probas diagnósticas.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da cualificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

7.3. Control da paratuberculose.

Seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Nas explotacións sen información epidemiolóxica desta enfermidade tomaranse mostras dos animais maiores de 24 meses, co fin de identificar os positivos a anticorpos.

-Nas explotacións con información epidemiolóxica, farase un control serolóxico anual dunha porcentaxe de animais da explotación maiores de 24 meses, incluíndo todos os animais adquiridos no último ano e aqueles que presenten sintomatoloxía compatible coa enfermidade.

-Os animais positivos a ELISA, deberán ser confirmados por cultivo e/ou PCR sempre e cando a explotación non teña resultados que a cualifiquen como explotación infectada.

-Nas explotacións xa cualificadas como infectadas, a proba de confirmación será a ELISA, evitando o envío de mostras de feces.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definíndose as actuacións que se realizarán en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

Defínese explotación infectada de paratuberculose como aquela explotación con polo menos un animal confirmado como positivo ou con máis dun 8% de animais positivos á proba da ELISA de anticorpos en soro.

Defínese animal bovino confirmado como positivo á paratuberculose aquel en que se dea calquera das seguintes situacións:

-O animal presenta lesións patognomónicas nas cales se visualiza a presenza de microorganismos ácido-alcohol resistentes.

-En feces do animal visualízase a presenza de niños de bacilos ácido-alcohol resistentes e presenta síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

-En calquera tipo de mostra procedente do animal obtívose un resultado positivo a cultivo e/ou a PCR.

-Nas explotacións confirmadas como infectadas: calquera animal con síntomas clínicos compatibles coa enfermidade ou calquera animal con dúas probas da ELISA positivas nun período superior a 60 días.

Os animais confirmados como positivos á paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo a matadoiro. Todo animal positivo a anticorpos de paratuberculose (ELISA), antes do seu movemento a outras explotacións, deberá ser sometido ás probas de confirmación de laboratorio. O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga e establecerá un plan para a eliminación destes animais confirmados como positivos. O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicarán ao titular da explotación o posible destino dos animais sinalados, e realizarán un control estrito sobre este.

Os veterinarios responsables da ADSG deberán clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas nos grupos que se indican a continuación:

1. Explotación libre: explotación en que todos os seus animais son seronegativos a anticorpos de paratuberculose durante tres anos seguidos.

2. Explotación en estudo: explotación cun número menor do 8% de animais positivos a anticorpos de paratuberculose ou con negatividade inferior a tres anos.

3. Explotación infectada: explotación con máis dun 8% de positividade a anticorpos de paratuberculose e/ou coa enfermidade confirmada por cultivo e/ou PCR, lesións en matadoiro nalgúns dos animais da explotación.

4. Explotación sen clasificar: explotación sen probas diagnósticas.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da cualificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

7.4. Control de incorporacións.

Os titulares das explotacións comprometeranse a comunicar con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao veterinario responsable da ADSG. Así mesmo, comunicarán os retornos de animais da súa explotación cando tivesen contacto con outros animais doutras explotacións, por exemplo en pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.

As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico fronte á BVDac, BVDax, IBRgE e paratuberculose de todos os animais de nova incorporación a estas. En animais menores de tres meses a proba da BVDax é aconsellable realizala en mostra de orella.

No caso de animais retornados coas orixes mencionadas no primeiro parágrafo, e coa finalidade de coñecer a situación sanitaria destes, realizaranse analíticas da BVDac e IBRgE.

Non serán necesarios estes controis cando os animais proveñan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis e resultados a que foron sometidos os animais implicados, ou cando os animais fosen revisados na explotación de orixe e vaian acompañados correspondentes resultados analíticos, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

Coa presentación da solicitude de axuda por parte da ADSG, enténdese que os titulares das explotacións bovinas integradas nesta prestan o seu consentimento para que a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria facilite aos veterinarios responsables da agrupación os datos dos animais pertencentes a aquelas, así como a información correspondente aos animais incorporados, para os efectos de proceder ao seu control sanitario, sen prexuízo da responsabilidade destes en relación co pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

Gando ovino e cabrún.

1. Os veterinarios das ADSG deberán colaborar coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia activa, información aos gandeiros, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Control de parasitos internos e externos.

7. Programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando ovino e cabrún que a continuación se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencias das distintas enfermidades, e ademais á súa diminución.

7.1. Control de paratuberculose.

As analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificándose os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definíndose as actuacións que se realizarán en cada un deles en función dos resultados obtidos.

Seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade, realizarase unha mostraxe dun número de animais de acordo cun tamaño de mostra que asegure a detección dunha prevalencia do 5% cunha fiabilidade do 95%, segundo a táboa que se xunta.

Ver referencia pdf "22800D007P011.PDF"

-As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

-Os rabaños que resulten negativos ás probas serán sometidos a un control serolóxico anual, mediante mostraxe aleatoria.

-Naqueles rabaños en que a prevalencia da enfermidade sexa inferior ao 8% realizarase unha estreita vixilancia clínica do efectivo, para observar a evolución da enfermidade e, de ser o caso, detectar animais con sintomatoloxía clínica. Estes rabaños serán sometidos a unha mostraxe aleatoria anual para comprobar a evolución da enfermidade.

-Para abandonar a explotación para vida, os animais ELISA positivos deberán realizar unha nova analítica separada como mínimo 60 días da primeira con resultado negativo.

-Nos rabaños en que se confirme a enfermidade, e co obxecto de identificar o maior número posible de animais positivos, procederase á revisión da totalidade dos animais da explotación.

-Cos resultados obtidos, o veterinario da ADSG establecerá nas explotacións afectadas un plan específico de control e erradicación da enfermidade, baseado na aplicación de medidas hixiénico-sanitarias e de manexo, eliminación de animais positivos e control e corentena dos animais incorporados.

Defínese animal positivo á paratuberculose aquel animal ELISA positivo procedente dun rabaño cunha prevalencia superior ao 8% ou aquel animal con dúas probas ELISA positivas separadas como mínimo 60 días en rabaños con prevalencia menor ao 8%; en rabaños xa confirmados como positivos, calquera animal que presente síntomas compatibles coa enfermidade; ou que, de ser o caso, o diagnóstico clínico e as probas de campo permitan asegurar que o animal padece a enfermidade.

Os animais confirmados como positivos á paratuberculose, así como a totalidade de animais de explotacións de prevalencia superior ao 8%, non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo a matadoiro. O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga.

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicarán ao titular da explotación o posible destino dos animais da explotación, e realizarán un control estrito sobre estes.

Os titulares das explotacións ovinas ou cabrúas en que se confirmase a presenza de paratuberculose nunha prevalencia superior ao 8%, co informe favorable do veterinario da ADSG, poderán solicitar á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria autorización expresa para a utilización de vacina fronte á enfermidade.

Non se autorizará en ningún caso a vacinación fronte á paratuberculose de rabaños de gando cabrún que convivan ou teñan relación epidemiolóxica con gando bovino, nin tampouco de rabaños cabrúns que comercialicen leite, xa que estes deben ser sometidos ao programa de erradicación da tuberculose. Non obstante, excepcionalmente poderase autorizar a aplicación dun programa vacinal extraordinario fronte á paratuberculose no caso de rabaños con prevalencias superiores ao 8%, co cumprimento das seguintes condicións:

-O rabaño deberá ter presentado resultados negativos á tuberculose en todos os animais antes do inicio do programa de vacinación.

-Os animais que se incorporen ao rabaño procederán doutros rabaños negativos á tuberculose, ou serán sometidos a probas de diagnóstico de tuberculose nos 30 días anteriores á súa incorporación, con resultados negativos.

-Os animais que resulten positivos ás probas anuais de diagnóstico da tuberculose ou, se é o caso, un número significativo deles, serán sacrificados para realizar o estudo microbiolóxico da enfermidade, co obxecto de determinar ou descartar a súa presenza no rabaño. No caso de confirmarse a existencia de tuberculose, serán sacrificados de xeito inmediato todos os animais reaccionantes que non fosen eliminados anteriormente.

-Despois do comezo do programa vacinal, a vacinación anual da recría realizarase tras a execución no rabaño das probas sanitarias anuais de tuberculose.

No caso de ser concedida a oportuna autorización, a vacinación realizarase coa supervisión dun veterinario oficial, permitíndose unicamente a saída de animais cara ao matadoiro, a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro, ou a outras explotacións cun programa vacinal fronte á paratuberculose aprobado, nas cales os rabaños cumpran idénticas condicións ás establecidas.

Os veterinarios responsables da ADSG deberán clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas nos grupos que se indican a continuación:

1. Explotación libre: explotación en que todos os animais maiores de 6 meses son negativos a ELISA de detección de anticorpos da paratuberculose durante tres anos consecutivos.

2. Explotación en estudo: explotación cunha prevalencia tras a mostraxe dunha porcentaxe de animais maiores de 6 meses menor do 8% a anticorpos da paratuberculose pola técnica da ELISA.

3. Explotación infectada: explotación cunha prevalencia igual ou superior ao 8% pola técnica ELISA de anticorpos.

4. Explotación sen clasificar: explotación sen realizar as probas de diagnóstico da paratuberculose.

5. Explotación vacinada: explotación sometida a un programa de vacinación.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da cualificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

A comunicación da clasificación de cada tipo de explotación realizarase a través da aplicación informática das ADSG.

Gando porcino.

1. Programa de control fronte á enfermidade de Aujeszky, seguindo as pautas establecidas na normativa legal vixente ao respecto, e concretamente na aplicación da vacina fronte á dita enfermidade.

Os veterinarios das ADSG tomarán todas as medidas necesarias para conseguir no prazo máis breve posible a cualificación sanitaria fronte á enfermidade de Aujeszky da totalidade das granxas integradas.

Así mesmo, no caso de detectarse a presenza da enfermidade de Aujeszky nunha granxa, o veterinario da ADSG presentará un plan de erradicación da enfermidade. O veterinario será responsable da súa supervisión e correcta execución.

2. Controis serolóxicos nos reprodutores e no cebo, se é o caso, coa periodicidade e porcentaxe establecidas na normativa vixente ao respecto de PPC, PPA, EVP e enfermidade de Aujeszky.

3. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

7. Programa de control de parasitos internos e externos.

Aves.

1. Plans sanitarios de control, seguimento e loita (segundo corresponda) establecidos na normativa vixente e especificamente nos programas oficiais de salmonelose e influenza aviaria.

Dentro do programa sanitario de salmonela, especificamente a realización dos autocontrois establecidos e a existencia nas explotacións da documentación acreditativa referente á subministración de aves, alimentos e auga de uso na explotación.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Programa de control de parasitos internos e externos.

Coellos.

1. Cumprimento do establecido no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas. En concreto, levaranse a cabo programas de vixilancia e control específicos dos seguintes procesos infectocontaxiosos:

-Programa de vixilancia e control fronte a mixomatose.

-Programa de vixilancia e control fronte á enfermidade hemorráxica vírica.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Control de parasitos internos e externos.

Équidos.

1. Programa de vixilancia das enfermidades recollidas no anexo X do Decreto 268/2008, do 13 de novembro, polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, as medidas básicas para a ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas.

2. Control da arterite viral equina e a metrite contaxiosa equina nos animais reprodutores con servizo a terceiros.

3. Colaboración nos programas de vixilancia e control da febre do Nilo occidental.

4. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

6. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

8. Control de parasitos internos e externos.

Acuicultura continental.

1. Programa de vixilancia da septicemia hemorráxica viral (SHV) e a necrose hematopoética infecciosa (NHI).

2. Programa de corentena e control sanitario das incorporacións de ovos e crías.

3. Programas de control, mediante profilaxe vacinal ou tratamentos preventivos, das principais enfermidades con transcendencia na acuicultura.

4. Formación e sensibilización dos gandeiros integrantes na ADSG en relación coas enfermidades dos animais acuáticos, especialmente na detección precoz das enfermidades.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

6. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Abellas.

1. Programa de vixilancia fronte á loque americana.

2. Programa de vixilancia fronte á loque europea.

3. Programa de control e loita fronte á varroose.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de colmeas.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nos apiarios. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotes das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de colmeas das explotacións da agrupación.

Visóns.

1. Programa de loita e control fronte á enfermidade aleutiana do visón ou plasmocitose.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión destas nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou rebrotamentos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Outras especies.

1. Deberá cumprirse coas actuacións que correspondan á ADSG en relación cos programas de erradicación de enfermidades, e realizar os programas de prevención e control que correspondan fronte ás enfermidades de maior transcendencia económica ou sanitaria na especie de que se trate.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Laboratorios de análise para os programas sanitarios.

As mostras obtidas na execución dos programas sanitarios obrigatorios remitiranse para a súa análise ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou a outros laboratorios que acrediten ter implantado un sistema de control de calidade. Neste caso, os kits de diagnóstico para estas enfermidades terán que ter igual ou superior sensibilidade e especificidade que os utilizados no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

O envío de mostras ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, realizarase de xeito gradual e proporcionado durante todo o ano, en función do cronograma de actuacións elaborado e da instrucións que indique o propio laboratorio, non sendo posible superar no número de mostras remitidas durante un mes máis do 15% do total que enviará cada ADSG durante todo o ano. O laboratorio poderá en caso necesario rexeitar os envíos de mostras cando se supere o número de mostras permitido.

As ADSG que desexen realizar analíticas correspondentes aos programas sanitarios marco obrigatorios sinalados nesta orde en laboratorios distintos ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, deberán comunicar expresamente este feito á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

En todos os casos, os informes dos laboratorios cos resultados analíticos obtidos deberán conservarse á disposición dos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural durante un prazo mínimo de dous anos.

Programas sanitarios complementarios.

As ADSG que o desexen poderán desenvolver un programa sanitario adicional, complementario ao Programa sanitario marco obrigatorio, este programa sanitario adicional debe estar aprobado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, logo de consulta co Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia. En calquera caso será o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia o que delimitará o número e a frecuencia da mostraxe, logo de estudo da solicitude.

En todo caso, a aprobación de programas sanitarios complementarios estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e de medios persoais e materiais do laboratorio, e non se realizarán nas analíticas correspondentes ao diagnóstico das enfermidades incluídas neles a redución de taxas establecida para os programas sanitarios obrigatorios.

Presentación dos programas.

Os programas sanitarios presentados polas ADSG incluirán:

-No caso de programas de control de enfermidades, explicación detallada das pautas dos tratamentos ou vacinacións que se van realizar, incluíndo a frecuencia das aplicacións destas, segundo os distintos tipos de animais da explotación, e os produtos que se van utilizar.

-No caso dos programas de desinfección, desinsectación e desratización, explicación detallada dos produtos que se van utilizar e das súas pautas de aplicación.

En todos os casos, farase unha valoración económica detallada do custo deste programa, segundo as pautas establecidas.