DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2010 Páx. 19.611

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de novembro de 2010 pola que se fixan as tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde e se revisan os prezos dos concertos vixentes.

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 220, do 16 de novembro de 2010, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 18.681, despois do artigo 5º.-Impostos e taxas, engádese:

Disposición derrogatoria.-Queda derrogada a orde da Consellería de Sanidade do 4 de setembro de 2008 (DOG nº 190, do 1 de outubro) pola que se fixan as tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde e se actualizan os prezos dos concertos vixentes.