DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2010 Páx. 18.677

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 8 de novembro de 2010 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 33/2010, do 5 de agosto, de modificación da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral, que modifica o artigo 40º da Lei 27/1992, do 23 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na redacción dada pola Lei 62/1997, de reforma daquela Lei 27/1992, debe modificarse a composición actual do Consello de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado situados na Comunidade Autónoma galega: Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Marín e Ría de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 16 de setembro de 2010, relativo a modificar a composición do Consello de Administración das autoridades portuarias de portos de interese xeral do Estado, situados na Comunidade Autónoma galega, para adaptalos ao disposto na Lei 33/2010, do 5 de agosto, antes mencionada, así como facultar a persoa titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos vogais que compoñen o Consello de Administración destas autoridades portuarias, conforme o previsto e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa dos seguintes:

-En representación da Administración xeral do Estado:

Manuel Rodríguez Cuervo.

Javier Martínez Aranzabal.

Javier Suárez García.

-En representación da comunidade autónoma:

José Manuel Cores Tourís.

Juan Maneiro Cadillo.

Covadonga Salgado Blanco.

José Juan Duran Hermida.

-En representación dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto:

Marcelino Abuin Duro.

José Luis Rivera Mallo.

-En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación:

Miguel Falcón Noya.

-En representación das organizacións empresariais:

Luis García-Reboredo Mendoza.

-En representación das organizacións sindicais:

Enrique Iglesias Pazos.

-En representación do sector pesqueiro no ámbito de actuación da autoridade portuaria:

Benito González Sineiro.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar