DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2010 Páx. 18.677

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 8 de novembro de 2010 pola que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 33/2010, do 5 de agosto, de modificación da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral, que modifica o artigo 40º da Lei 27/1992, do 23 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na redacción dada pola Lei 62/1997, de reforma daquela Lei 27/1992, debe modificarse a composición actual do Consello de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado situados na Comunidade Autónoma galega: Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Marín e Ría de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 16 de setembro de 2010, relativo a modificar a composición do Consello de Administración das autoridades portuarias de portos de interese xeral do Estado, situados na Comunidade Autónoma galega, para adaptalos ao disposto na Lei 33/2010, do 5 de agosto, antes mencionada, así como facultar a persoa titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos vogais que compoñen o Consello de Administración destas autoridades portuarias, conforme o previsto e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcia de Arousa dos seguintes:

Manuel Rodríguez Cuervo.

Julián Víctor García Mouriño.

Javier Martínez Aranzabal.

Javier Suárez García.

José Luis Rivera Mallo.

Marcelino Abuín Duro.

Ramón Bueno Piñeiro.

Carlos Oubiña Portas.

José Núñez Cores.

Miguel Falcón Noya.

Luis García-Reboredo Mendoza.

Julio Antonio Carrasco Valdés.

Enrique Iglesias Pazos.

José Manuel Cores Touris.

Juan Maneiro Cadillo.

Covadonga Salgado Blanco.

Baltasar Rodríguez Alcalde.

José Juan Durán Hermida.

Martín Serantes Álvarez.

Manuel Ángel Tarrio Fernández.

Manuel Fontao Lampón.

Juan José González Vázquez.

Agradecénselle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2010.

Rosa María Quintana Carballo

Conselleira do Mar

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DO MAR