DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2010 Páx. 18.558

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 185/2010, do 11 de novembro, polo que se modifica o Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O artigo 6 a) do Decreto 83/2009, do 21 de abril, establece a estrutura e denominación dos órganos superiores da Consellería de Sanidade, entre os que está a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación.

Co obxecto de adaptar a denominación do citado órgano superior ás súas funcións efectivas e actividades desenvolvidas no seu eido de atribucións administrativas, cómpre facer o correspondente cambio na denominación asignada pola norma indicada.

Na súa virtude e segundo o disposto no artigo 4º.15 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de novembro de dous mil dez,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación da letra a) do artigo 6º do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Modifícase a letra a) do artigo 6º, no que atinxe á denominación da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, que pasará a denominarse Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Disposición adicional

As alusións contidas en normas de igual ou inferior rango á Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación entenderanse realizadas no sucesivo á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE