DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 05 de novembro de 2010 Páx. 18.143

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 19 de outubro de 2010 pola que se designa o órgano estatístico sectorial da Consellería de Traballo e Benestar.

O Decreto 24/2008, do 21 de febreiro, regula os órganos estatísticos sectoriais da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e o procedemento para a súa designación. No número 1º do seu artigo 2 establece que este órgano se integrará por unha ou varias unidades administrativas que se designarán por resolución da persoa titular do departamento en que se integre organicamente.

De conformidade co establecido nos artigos 1, 2, 3 e 7 do Decreto 24/2008, do 21 de febreiro,

DISPÓN:

Primeiro.-O órgano estatístico sectorial da Consellería de Traballo e Benestar integrarase pola unidade administrativa que se especifica a seguir:

Posto de traballo: Sección de Publicacións e Estatística, adscrita á Vicesecretaría Xeral, dependente da Secretaría Xeral.

Segundo.-Designar como coordinador/a do órgano estatístico sectorial: o/a titular da Sección de Publicacións e Estatística, dependente da Secretaría Xeral.

Terceiro.-A localización física deste órgano estatístico sectorial estará nas dependencias da consellería, edificio administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela.

Cuarto.-Para os efectos do rexistro a que se refire o artigo 3 da norma, a Consellería de Traballo e Benestar comunicará ao Instituto Galego de Estatística os datos relativos á identidade da persoa que en cada momento ocupe o posto de traballo que se identifica no punto primeiro, que se nomeará seguindo os procedementos de provisión establecidos na normativa vixente en materia de función pública.

Quinto.-Formularase unha proposta de modificación da vixente relación de postos de traballo co obxecto de sinalar o carácter de órgano estatístico sectorial do devandito posto.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar