DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 03 de novembro de 2010 Páx. 18.019

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 26 de outubro de 2010 pola que se nomean os vogais da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

O artigo único do Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro, polo que se establece a composición da Cicetga, determina que esta estará composta polo presidente, vicepresidente e secretario e un representante, con cargo de secretario xeral ou director xeral, nomeado por orde do conselleiro de Innovación e Industria por proposta de cada un dos departamentos que integran a Xunta de Galicia.

O Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceu unha nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, polo que é preciso adecuar ao mesmo a composición da Cicetga.

Na súa virtude, por proposta dos titulares de cada un dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear os vogais da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía que se relacionan a seguir:

-Santiago Villanueva Álvarez, director xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Francisco Javier Rodríguez Seijo, director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda.

-José Antonio Fernández Vázquez, secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

-José Riesgo Boluda, secretario xeral da Consellería de Economía e Industria.

-José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-María Sagrario Pérez Castellanos, secretaria xeral da Consellería de Sanidade.

-Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo.

-Andrés Hermida Trastoy, director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

-Alejandra Álvarez de Mon Rego, directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural.

-Juan Carlos Maneiro Cadillo, director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Innovación e Industria do 7 de febreiro de 2006 (DOG do 16 de febreiro) pola que se nomean os vogais da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria