DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2010 Páx. 17.893

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CUESTIÓN de inconstitucionalidade 5657-2010.

O Pleno del Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de outubro actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 5657-2010 formulada pola Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de casación número 23/2009, en relación coa disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, do Parlamento galego, de dereito civil de Galicia, por posible vulneración dos artigos 9.3º, 10.1º, 14 e 149.1.8ª CE, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1º c) da LOTC, na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, reservar para si o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2º da LOTC, na súa nova redacción, aqueles que sexan parte no recurso de casación número 23/2009 poderán comparecer perante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 5 de outubro de 2010.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno