DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2010 Páx. 17.802

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Orde do 24 de outubro de 1990 establecéronse os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia. Desde o ano 1990 as condicións de desempeño dos postos de traballo víronse substancialmente modificadas, polo que é necesario proceder a unha nova regulación dos postos de traballo que poidan considerarse de especial dificultade para os efectos de puntuación nos concursos de traslados entre funcionarios docentes que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación.

En consecuencia, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Defínense como postos de especial dificultade, para os efectos establecidos na normativa que regula os concursos de traslados entre os funcionarios docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, os desempeñados nos centros de educación permanente de adultos nas institucións penitenciarias, nos centros de educación especial, nas aulas específicas de educación especial nos centros ordinarios e nas escolas unitarias.

Segundo.-Os centros definidos como de especial dificultade publícanse como anexos a esta orde.

Disposición transitoria

O profesorado destinado na actualidade nos centros relacionados no anexo da Orde do 24 de outubro de 1990, pola que se establecen os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia, que non estean incluídos nos anexos desta orde, mentres concursen desde o mencionado centro manterán a puntuación que lles corresponda polos anos e meses de servizo prestados no centro de difícil desempeño ata o 31 de agosto de 2010.

Disposición derrogatoria

Queda derroga a Orde do 24 de outubro de 1990 pola que se establecen os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos desde o día 1 de setembro de 2010.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "20800D001P006.PDF"

Ver referencia pdf "20800D003P008.PDF"