DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2010 Páx. 17.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 14 de outubro de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 25 de marzo pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril do 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

O día 31 de marzo de 2010 publicouse a Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións, beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008 (DOG nº 79, do 24 de abril) pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas ao fomento en Galicia de sistema de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos.

No seu artigo 3 precísase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e, así mesmo, que os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas se poderán incrementar con fondos comunitarios, estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

O día 20 de xullo de 2010 publicouse a Orde do 20 de xullo de 2010, pola que se amplía en 580.394 euros (con cargo á aplicación 2010.13.02.713-C.771.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, con fondos provenientes dos orzamentos xerais do Estado), a dotación orzamentaria da Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008 (DOG nº 141, do 26 de xullo).

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes nas distintas liñas de axuda establecidas, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, aprobáronse os correspondentes expedientes de xeración e ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, e de acordo co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as competencias que me confire a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase en 414.705 euros a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 25 de marzo, pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polo titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril do 2008, polo que se establecen as bases reguladoras das subvenciones destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (DOG nº 79, do 24 de abril).

2. Os fondos para esta ampliación proveñen dos orzamentos xerais do Estado, con cargo á aplicación orzamentaria 2010.13.02.713-C.771.4, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria ascende a 1.185.099 euros.

4. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Única.-A ampliación de crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 25 de marzo de 2010.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural