DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2010 Páx. 17.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2010 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 25 de xuño), procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios.

Norma reguladora: Orde do 11 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria. (Diario Oficial de Galicia nº 57, do 25 de marzo).

Crédito orzamentario:

1.550.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312A.481.3.

32.802 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312F.481.0.

60.282 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312F.481.2.

26.326 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312F.481.5.

390.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312F.781.1.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

Ver referencia pdf "20200D006P023.PDF"