DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2010 Páx. 17.379

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade a unha segunda relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2010.

Jesús Oitavén Barcala

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "20200D003P018.PDF"

Ver referencia pdf "20200D004P019.PDF"