DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2010 Páx. 17.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2010 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 18 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (Código de procedemento IN216A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 18 da orde reguladora, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Economía e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 18 de febreiro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010. (Código de procedemento IN216A).

Finalidade da subvención: abandono da actividade comercial.

Crédito orzamentario: 650.000,00 €.

Aplicación orzamentaria: 08.03.751A.770.2.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "20200D003P018.PDF"