DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2010 Páx. 17.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 11 de outubro de 2010 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria.

O día 10 de xuño de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria.

No artigo 19.1º das bases reguladoras da Orde do 2 de xuño de 2010 establécese que os beneficiarios deberán presentar a documentación xustificativa antes do 15 de novembro de cada anualidade. Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes co fin de garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións e dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación da anualidade 2010.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase ata o día 15 de decembro (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención da anualidade 2010, ao abeiro da citada Orde do 2 de xuño de 2010 de soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria