DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2010 Páx. 17.318

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 13 de outubro de 2010 pola que se modifican as bases reguladoras da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.

A Consellería do Medio Rural publicou o 29 de decembro de 2009 a Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010. Estas axudas convocáronse amparadas no disposto no Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e no Regulamento 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do anterior.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño) establece no seu artigo 31 que poderán realizarse pagamentos á conta, os cales responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.

Así mesmo, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro) establece no seu artigo 62 que o importe conxunto dos pagamentos á conta que se conceda non poderá ser superior ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá á anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Ademais establece, no seu artigo 65, que quedarán exonerados da constitución de garantía sobre o dito pagamento á conta os beneficiarios das subvencións concedidas cuxos pagamentos non superen os 18.000 euros.

Por outra banda o sector agrario da nosa comunidade autónoma está a sufrir os graves efectos da crise económica, o cal pode afectar de xeito importante a viabilidade económica das explotacións agrarias galegas.

Por todo o anterior considérase necesario modificar as bases reguladoras da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010, establecendo o procedemento de pagamento á conta referido na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, respectivamente.

De conformidade co previsto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modificación da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010 (DOG nº 252, do 29 de decembro de 2009).

A Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010, modifícase nos seguintes termos:

Un. Engádeselle o número 8 ao artigo 7º, que queda redactado como segue:

«a) Poderán realizarse pagamentos á conta, os cales poderán supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.

b) O importe conxunto dos ditos pagamentos á conta non poderá ser superior ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

c) De acordo co suposto previsto no artigo 65.4º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios destas subvencións quedan exonerados da constitución de garantías, por non superarse o límite establecido nese artigo, segundo se establece no anexo do Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)».

Disposicións adicionais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar cantas disposicións complementarias considere oportunas para a aplicación e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural