DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2010 Páx. 17.314

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 6 de outubro de 2010 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Arnoia (Ourense).

O Concello da Arnoia eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de conformidade co disposto no artigo 85.7º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello da Arnoia dispón, na actualidade vixente, dunha delimitación de solo urbano, aprobada definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense en data 21 de xuño de 1994.

2. En data 3 de novembro de 2005, a Dirección Xeral de Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial, de conformidade co disposto no artigo 85.1º da LOUG.

3. O Concello Pleno da Arnoia aprobou inicialmente o PXOM en sesión do 28 de novembro de 2006.

4. Someteuno a información pública mediante anuncios publicados nos xornais La Región, publicado os días 2 e 3 de decembro de 2006, e La Voz de Galicia, do 5 e 6 de decembro de 2006; no DOG do 22-12-2006; e no BOP do 22-12-2006. Simultaneamente déuselle audiencia aos concellos limítrofes de Cortegada, Castrelo do Miño, Ribadavia e Cartelle.

5. Solicitáronse os informes sectoriais preceptivos:

-Á Consellería de Cultura e Deportes.

-Á Consellería de Medio Ambiente.

-Ao Servizo Provincial de Estradas da CPTOPT.

-Á Subdelegación do Goberno. Área de Infraestruturas Enerxéticas e Telecomunicacións.

-Á Confederación Hidrográfica do Norte.

-Á Deputación Provincial de Ourense.

6. Consta a emisión dos seguintes informes:

-Sección de Patrimonio do Estado do Ministerio de Economía e Facenda (15-1-2007).

-Consellería de Cultura e Deporte (5-2-2007).

7. Por causa da entrada en vigor da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, e ao abeiro do previsto no seu artigo 7, o concello solicitou en data 18-9-2007 o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica, mediante a presentación do documento de inicio.

8. En data 2 de novembro de 2007, completouse ese documento de inicio coa achega do mapa de información e diagnose do termo municipal.

9. A Consellería de Medio Ambiente redactou o documento de referencia, que foi remitido ao concello o 3-3-2008.

10. Seguindo os criterios e directrices especificados nese documento de referencia, o Concello da Arnoia elaborou a proposta de plan xeral, da que forma parte integrante o informe de sustentibilidade ambiental.

11. O Concello da Arnoia aprobou inicialmente o citado plan xeral, o 24 de setembro de 2008, incorporando o informe de sustentabilidad ambiental.

12. E someteuno novamente a información pública, mediante anuncios publicados nos xornais La Región, publicados o 27 e 28 de setembro de 2008; no DOG nº 202, do 17-10-2008; e no BOP do 14-10-2008. Simultaneamente déuselle audiencia aos concellos limítrofes de Cartelle, Cortegada, Castrelo do Miño e Ribadavia.

13. Solicitáronse os informes sectoriais preceptivos:

-Á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

-Á Deputación Provincial de Ourense.

-Á Consellería de Cultura e Deportes.

-Á Consellería de Medio Ambiente.

-Á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-Á Subdelegación do Goberno. Área de Infraestruturas Enerxéticas e Telecomunicacións.

14. Consta a emisión dos seguintes informes de carácter sectorial:

-Informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, de datas 9 de decembro de 2008 e 16 de xullo de 2009 (favorable).

-Informe da Confederación Hidrográfica do Norte, de data 9-5-2008; e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do 21-9-2009 (favorable).

-Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 9-12-2008.

15. En data 14 de abril de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dita resolución pola que se aproba a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Arnoia, resolución que foi publicada no DOG nº 87, do 10-5-2010.

16. O Pleno do Concello da Arnoia aprobou provisionalmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, na súa sesión do 20 de abril de 2010.

17. Consta a emisión de informe xurídico pola Secretaría municipal en data 3 de maio de 2010, acreditativo da adecuación do PXOM á normativa legal de aplicación.

18. O documento recibiuse nesta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para resolver sobre a súa aprobación definitiva en data 3-6-2010.

19. En virtude do disposto no artigo 85.5º da LOUG, en data 16 de xuño de 2010 requiriuse o Concello da Arnoia para que procedese a corrixir as deficiencias observadas na documentación presentada e no expediente administrativo.

20. O Concello da Arnoia deu cumprimento ao anterior requirimento, coa presentación da documentación solicitada en data 6 de xullo de 2010.

21. Na mesma, achega certificación da Secretaría municipal, do 25 de xuño de 2010, acreditativa de teren solicitado, sen que fosen emitidos dentro do prazo regulamentario establecido ao respecto, informes sectoriais ás consellerías competentes en materia de:

-Conservación da Natureza.

-Agricultura.

-Montes.

-Aproveitamento de augas termais.

-Enerxía xeotérmica.

-Subdelegación do Goberno, Área de Infraestruturas Enerxéticas e Telecomunicacións.

22. Con data 24-9-2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emite informe favorable ao PXOM da Arnoia.

23. Con data do 1-10-2010, o Concello da Arnoia remite tomo «Documento de aprobación provisional corrixido» de data setembro 2010, con dilixencia de ter recaído no mesmo acordo de aprobación provisional unánime polo Pleno municipal do 28-9-2010; documentación que anula e substitúe a súa anterior correlativa, integrada por:

-Memoria xustificativa.

-Normativa urbanística.

-Anexos á normativa urbanística.

-Estratexia de actuación e estudo económico-financeiro.

-Planos de ordenación:

-EX-1 Estrutura xeral e orgánica do territorio 1/5.000.

-01 Solo urbano, solo urbanizable e solo de núcleo rural. Parroquia: San Salvador de Arnoia. A Reza, Porqueira, San Amaro 1/2.000.

-02 Solo urbano, solo urbanizable e solo de núcleo rural. Parroquia: San Salvador de Arnoia. Vila Termal, Os Chaos, Quinteiros, O Pazo, A Laxa, Sendín, A Paixón 1:2.000.

-03 Solo urbano, solo urbanizable e solo de núcleo rural. Parroquia: San Salvador de Arnoia. Bacelo, Outeiro Cruz 1:2.000.

-OU-01 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Zonificación 1/1.000.

-OU-02 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Superficies cotas e rasantes 1/1.000.

-OU-03 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Rede de abastecemento de auga 1/1.000.

-OU-04 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Rede de saneamento 1/1.000.

-OU-05 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Rede eléctrica e iluminación pública 1/1.000.

-OU-06 Ordenación do solo urbano e urbanizable, Rede de pluviais 1/1.000.

24. Así mesmo, o documento achega informe xurídico da Secretaría municipal, de data 27-9-2010, acreditativo da adecuación á normativa legal de aplicación, e da non introdución nel, de alteracións substanciais respecto do documento aprobado anteriormente que requirisen do sometemento a nova información pública.

II. Consideracións e fundamentación.

Unha vez analizado o expediente remitido e os documentos que integran o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Arnoia, estudado o seu propio contido e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, cómpre sinalar:

1. Solo urbano.

O axuste da delimitación do solo urbano no ámbito residencial Vila termal corresponde á actuación de vivenda pública protexida, promovida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo a través da Sociedade Xestur Ourense, composta de 30 vivendas unifamiliares rematadas no ano 1999, ámbito en que concorren os requisitos de dotación de servizos, consolidación edificatoria e integración en malla urbana exixidos no artigo 12 a) da LOUG de cara a acadar a categoría de solo urbano consolidado.

2. Estrutura xeral e orgánica do territorio e dotacións urbanísticas.

En relación co disposto no artigo 47.3º da LOUG sobre a adecuación do solo de reserva para dotacións urbanísticas, en termos de accesibilidade, funcionalidade e integración na estrutura urbanística, obsérvase que o SXEL-1, parque público Monte dos Chaos, sector R, de 42.994 m2, a pesar da acusada topografía derivada da súa posición ribeireña, supón un enclave privilexiado para o lecer, expansión e recreo ao servizo da poboación.

3. Solo urbanizable Monte dos Chaos.

En relación cos artigos 15, 32 e 52 da LOUG, considérase xustificada a previsión dun sector de solo urbanizable delimitado terciario, que acolla o complexo actual hoxe existente constituído polo hotel; o balneario con concesión de explotación de dúas fontes existentes de augas termais; e o asistencial da residencia da terceira idade, que acada no seu conxunto unha implantación respectuosa no medio físico e natural, proxéctase agora completar o nivel de urbanización en termos de calidade, axeitado ao contorno.

Considerando a transcendencia que ese complexo acada a escala do municipio, en que a actividade turística constitúe un recurso vital, por tanto, estímase que procede permitir na súa contigüidade o crecemento proporcionado, que dea resposta á demanda real hoteleira e de servizos ao turismo estimada no prazo de vixencia para o que se formula a estratexia do propio PXOM, de acordo cos principios de utilización racional dos recursos naturais e de desenvolvemento sustentable; constan a suxeición a unhas condicións formais e de implantación (altura máxima de B+1P, cota máxima de situación e coroación, ocupación máxima) que garanten o mínimo impacto visual nesta zona en atención á topografía e ás condicións do lugar.

Trátase en definitiva de facer posible reverter a tendencia, común nos concellos de interior de Galicia, que apunta cara ao seu progresivo declive e insustentabilidade económica e social.

A posibilidade de axuste xustificado polo planeamento municipal dos espazos naturais delimitados no anexo nº 2 das normas subsidiarias e complementarias provinciais está recollido expresamente no artigo 28.1º a) desas mesmas normas.

No SXEL-1, Parque público Monte dos Chaos, situado ao sur do ámbito, está incluído o xacigo arqueolóxico «Abrigo paleolítico de Lomba dos Chaos», elemento recollido no Catálogo de patrimonio do PXOM, coa delimitación da súa área de respecto en materia de protección do patrimonio, e constan ao respecto o preceptivo informe favorable da Consellería de Cultura e Turismo.

4. Solo urbanizable industrial.

Nas inmediacións do núcleo da Porqueira, sobre a estrada autonómica OU-402 como acceso cualificado que conecta Arnoia co veciño termo municipal de Ribadavia, delimítase un sector de solo urbanizable industrial dunhas 2 ha, para posibilitar un mínimo desenvolvemento das actividades empresariais do concello, en relación cos seus recursos naturais endóxenos.

O lugar coincide cunha área de pouca pendente, que elimina a necesidade de execución de movementos de terra; e minimiza o impacto visual e paisaxístico, evitando a incidencia nas bacías visuais dos vales de San Amaro e San Vicente.

Consta a posibilidade de conexión coas redes municipais de abastecemento de auga potable e de saneamento, así como da rede de electricidade en media tensión.

5. Núcleo rural.

A área de expansión ao sur do núcleo rural de Outeiro-Cruz, que afectaba a zona de policía do curso fluvial, reclasifícase como solo rústico especialmente protexido de augas, de conformidade co establecido nos artigos 13.3º e 32.2º da LOUG.

6. Estratexia de actuación e estudo económico.

Procedeuse a corrixir a discrepancia observada na delimitación do sector de solo urbanizable industrial canto ao trazado da estrada autonómica OU-402, entre a definida nos planos de ordenación, a da ficha pertencente a Anexos á normativa urbanística e a recollida no catálogo de accións da estratexia de actuación.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4º da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Arnoia, de acordo co establecido no punto 7 a) do artigo 85, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

Segundo.-O concello deberá elaborar e remitir a esta CMATI documento refundido, por triplicado exemplar, comprensivo dos sometidos a aprobación provisional plenaria nas sesións do 20 de abril e 28 de setembro pasados.

Terceiro.-De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

Cuarto.-Notifíqueselle esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas