DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2010 Páx. 17.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2010, da Xecretaría Xeral para o Deporte, pola que se conceden subvencións a concellos ao abeiro da Resolución do 4 de agosto de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto), pola que se modifican as bases contidas na Resolución do 20 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 26 de abril), pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2010 e se procede a unha nova convocatoria para o ano 2010.

De conformidade co disposto na resolución da Secretaría Xeral para o Deporte do 4 de agosto de 2010 (DOG nº 153, do 11 de agosto), pola que se modifican as bases contidas na Resolución do 20 de abril de 2010, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2010 e se procede a una nova convocatoria para o ano 2010, recibidas as solicitudes na Secretaría Xeral para o Deporte e rematada a fase de revisión da documentación achegada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na dita resolución, esta secretaría xeral

RESOLVE:

1. Outorgar para as finalidades que se indican as subvencións económicas que a favor dos concellos propostos se identifican e ordenan a seguir, por orde da puntuación acadada unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 5.2º da Resolución do 20 de abril de 2010. Con base no establecido no artigo 3.3º da Resolución do 20 de abril de 2010, os solicitantes que obtiveron subvención para equipamentos no ano 2009 pasan a ocupar o seguinte lugar, na orde de puntuación final, ao último concello solicitante nesta convocatoria que non obtivo subvención en 2009. Procédese a resolver o empate producido entre dous solicitantes que acadan unha puntuación de 57,5 puntos, con base no establecido no último parágrafo do artigo 5 da citada resolución. O importe da subvención acada a totalidade do investimento con base no establecido no artigo 7 da Resolución do 20 de abril de 2010.

Ver referencia pdf "20100D003P007.PDF"

Ver referencia pdf "20100D004P010.PDF"

2. Denegar o outorgamento das restantes solicitudes de subvención admitidas por acadar unha valoración inferior para as accións programadas, en relación coas que resultaron subvencionadas, e ordenadas pola puntuación obtida.

Ver referencia pdf "20100D004P010.PDF"

3. Declarar excluídos os solicitantes que se identifican a seguir ordenados alfabeticamente, e polas causas que para cada caso se indican.

Ver referencia pdf "20100D004P010.PDF"

4. A finalidade das subvencións é axudar os concellos de Galicia para a adquisición de equipamentos deportivos no ano 2010.

5. As subvencións concedidas faranse efectivas con cargo á aplicación 04.60.441A.760.0 e ata unha contía máxima de 1.500.000 €.

Esta resolución comporta unha asignación do crédito establecido por un importe total de 1.497.289,53 € (un millón catrocentos noventa e sete mil douscentos oitenta e nove euros e cincuenta e tres céntimos).

6. Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da oportuna notificación ou, de ser o caso, a partir do día seguinte ao da publicación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2010.

José Ramón Lete Lasa

Secretario xeral para o Deporte