De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 11 da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2010, procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación das poboacións de caza menor e se convocan para o ano 2010.
Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, o seguinte:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación das poboacións de caza menor e se convocan para o ano 2010.
b) Aplicación orzamentaria: 13.06.541B.781.0.
c) Crédito orzamentario: 260.000 .
d) Destinatarios: titulares de tecores galegos e agrupacións de tecores.
e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: ver anexo.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2010.
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
Ver referencia pdf "20000D007P016.PDF"