DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2010 Páx. 17.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2010 pola que se publica a relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2010-2011, convocados pola Orde do 10 de maio de 2010.

A Orde do 10 de maio de 2010 pola que se convoca a selección e renovación de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2010-2011, establece o procedemento para a súa concesión.

De acordo co artigo 12º da citada orde, unha vez estudadas pola comisión de selección as solicitudes presentadas, feita a proposta provisional de resolución e vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección,

RESOLVO:

Primeiro.-Seleccionar, para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2010-2011, os centros educativos que figuran no anexo a esta orde e conceder para a súa realización as contías que nel se recollen.

Segundo.-Contra esta resolución poderase recorrer potestativamente mediante recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, coas modificacións da Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "20000D004P010.PDF"