DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2010 Páx. 17.263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2010 pola que se adxudican as subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, convocadas pola Orde do 14 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 26 de abril), modificada pola Orde do 29 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 6 de maio) e pola Orde do 3 de agosto de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto).

Pola orde da Consellería de Economía e Industria do 14 de abril convocáronse as subvencións para o ano 2010 para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010 (procedemento IN849A).

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde da convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola comisión de valoración prevista no artigo 8 do anexo I da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as subvencións para o financiamento de accións orientadas a produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010 aos beneficiarios que se relacionan no anexo desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 1.000.000 euros para o ano 2010.

Segundo.-Para poderen percibir estas subvencións, os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 30 de novembro de 2010, a documentación indicada no artigo 16 da Orde do 14 de abril de 2010, utilizando os modelos normalizados publicados na páxina web http://economiaeindustria.xunta.org/ (D.X. Investigación, Desenvolvemento e Innovación I+D+i/Informes e xustificación de gastos).

Terceiro.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2010.

P.D. (Orde 30-4-2009)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "20000D003P008.PDF"