DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2010 Páx. 17.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, complementaria da Resolución do 14 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo un.-Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xullo e agosto do ano 2010, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo dous.-Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no mes de abril do ano 2010, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "20000D001P006.PDF"