DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2010 Páx. 17.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de setembro de 2010 pola que se publica o Plan de formación continua dos empregados públicos da Administración de xustiza en Galicia para o ano 2010 e se aproban as bases para a participación nestas accións formativas.

Advertido erro, na referida resolución, publicada no DOG nº 190, do 1 de outubro de 2010, procede facer a seguinte corrección:

No anexo onde di:

«Prevención de riscos laborais 1 edición, 25 horas, 50 prazas, datas 25 out.-25 nov.».

Debería dicir:

«Prevención de riscos laborais 1 edición, 30 horas, 50 prazas, datas 25 out.-25 nov.».