DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2010 Páx. 17.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña.

O centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicita autorización para impartir o bacharelato da modalidade de artes: vía de artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o bacharelato de artes: vía de artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño, no centro privado que se relaciona a continuación:

Denominación: centro privado Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Domicilio: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

8 unidades das modalidades de ciencias e tecnoloxía; e humanidades e ciencias sociais.

4 unidades da modalidade de artes: vía artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Formación profesional:

*Ciclos formativos de grao medio:

1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CM Servizos en restauración (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

*Ciclos formativos de grao superior:

1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 CS Animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 CS Documentación sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

1 CS Imaxe para o diagnóstico (2 unidades, 20 alumnos/as unidade).

-Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de ciencias da natureza e tecnoloxía, e humanidades e ciencias sociais.

Formación profesional:

*Ciclos formativos de grao medio:

1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos/as).

*Ciclos formativos de grao superior:

1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Documentación sanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

Segundo.-Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, despois do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria