DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2010 Páx. 17.176

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de setembro de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Caixanova, do concello de Ourense.

O centro privado Caixanova, do concello de Ourense, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de Vitivinicultura e o programa de cualificación profesional inicial (PCPI) de Instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións.

Logo de realizar los trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o ciclo formativo de grao superior de Vitivinicultura e o programa de cualificación profesional inicial de Instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións, no centro privado que se relaciona a continuación:

Denominación: centro privado Caixanova.

Código: 32020756.

Domicilio: avda. da Ponte Sevilla, 2A.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Caixanova.

Composición resultante:

Ciclo formativo de grao medio de Aceites de oliva e viños (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao medio de Confección (1 unidade para 30 alumnos/as).

Ciclo formativo de grao medio de Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao medio de Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao superior de Vitivinicultura (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Ciclo formativo de grao superior de Xestión comercial e márketing (1 unidade para 30 alumnos/as ).

PCPI Instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións.

Segundo.-Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o DepartamentoTerritorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, despois do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria