Pola orde da Consellería de Economía e Industria do 10 de xuño de 2010 (DOG nº 114, do 17 de xuño) convócanse as bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2006-2010).
No artigo 5º, sobre financiamento e concorrencia, establécense os créditos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia destinados para a concesión das axudas convocadas, e prevese a posibilidade de incrementalos en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.
Na súa virtude, e polo que antecede, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.-Ampliar en cento cincuenta e cinco mil douscentos euros (155.200 ) o crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.02.561B.480.0, e en douscentos vinte e un mil cincocentos euros (221.500 ) o crédito correspondente á aplicación orzamentaria 08.02.561A.480.1, destinados ás accións convocadas na orde da Consellería de Economía e Industria do 10 de xuño de 2010 (DOG nº 114, do 17 de xuño).
O importe total dos compromisos de gastos ascende, como consecuencia destas ampliacións a un máximo de novecentos cincuenta e cinco mil douscentos euros (955.200 ) que se financian con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.561B.480.0, e a un máximo de trescentos vinte e un mil cincocentos euros (321.500 ) que se financian con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.561A.480.1, importando o crédito total a cantidade de un millón douscentos setenta e seis mil setecentos euros (1.276.700 ).
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2010.
Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria