DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2010 Páx. 17.174

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 30 de setembro de 2010 pola que se modifica o artigo 17 da Orde do 1 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (código de procedemento IN848A), así como o artigo 6 do anexo I da mesma orde.

Por Orde do 1 de xullo de 2010 establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

No artigo 17.1º da devandita orde establécese que para xustificar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 desta convocatoria e na data límite do 15 de novembro de 2010, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, a documentación que se indica. Establécese, así mesmo, que o período de emisión das facturas será desde a data de presentación das solicitudes das subvencións ata o 15 de novembro de 2010, e que en ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data anterior á solicitude da subvención nin posterior ao 15 de novembro de 2010.

Por outra banda, no artigo 6 do anexo I da devandita orde establécese que para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar na data límite do 15 de novembro de 2010 a documentación que se indica.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar o proceso de xestión e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo 17.1º da convocatoria, así como o artigo 6 do seu anexo I,

DISPOÑO:

A modificación parcial do artigo 17 da Orde do 1 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, que queda redactado do seguinte xeito nos parágrafos afectados:

17.1. Para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 desta convocatoria e na data límite do 30 de decembro de 2010, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, a documentación que a seguir se indica: (.../...).

17.1.b. O período de emisión das facturas será desde a data de presentación das solicitudes das subvencións ata o 30 de decembro de 2010.

17.1.c. Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data anterior á solicitude da subvención nin posterior ao 30 de decembro de 2010. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, a satisfacción do importe total da factura, o número de factura a que correspondan, así como o concepto a que se refiren.

A modificación parcial do artigo 6 do anexo I da devandita Orde do 1 de xullo de 2010, que queda redactado do seguinte xeito no seu primeiro parágrafo:

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 30 de decembro de 2010 a seguinte documentación (.../...).

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria