DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2010 Páx. 17.144

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de xullo de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 155, do 13 de agosto de 2010, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 14.712, no artigo 6, punto 1, letra a), onde di:

«a) Os proxectos terán que contar cun investimento subvencionable, segundo o establecido nos seguintes puntos, que supere os 500.000 €, que sexa viable técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambientalmente».

Debe dicir:

«a) Os proxectos terán que contar cun investimento subvencionable, segundo o establecido nos seguintes puntos, que supere os 500.000 €, que sexa viable técnica, económica, financeira e ambientalmente».

-Na páxina 14.713, no artigo 6, punto 4.2, letra g), onde di:

«g) A localización do proxecto, segundo o establecido no anexo III destas bases reguladoras (115 puntos)».

Debe dicir:

«g) A localización do proxecto, segundo o establecido no anexo III destas bases reguladoras (15 puntos)».

-Na páxina 14.715, no artigo 9, punto 5, letra d), onde di:

«d) Certificado resumo do imposto de sociedades emitido pola Axencia Tributaria».

Debe dicir:

«d) Certificado resumo do imposto de sociedades emitido pola Axencia Tributaria referido aos tres últimos exercicios fiscais».

-Na páxina 14.717, no artigo 14, onde di:

« (…)

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto».

Debe dicir:

« (…)

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto».

-Na páxina 14.718, no artigo 16, punto 1, onde di:

«1. Poderase solicitar modificación do prazo de execución do proxecto, tramitando o cuestionario sinalado no artigo 7º destas bases e presentando a súa instancia dirixida ao órgano que ditou a resolución inicial. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo mesmo órgano que ditou a resolución inicial, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lles dará audiencia aos interesados».

Debe dicir:

«1. Poderase solicitar modificación do proxecto, tramitando o cuestionario sinalado no artigo 9º destas bases e presentando a súa instancia dirixida ao órgano que ditou a resolución inicial. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo mesmo órgano que ditou a resolución inicial, logo da instrución do correspondente expediente no cal, se é o caso, se lles dará audiencia aos interesados».

-Na páxina 14.719, no artigo 17, letra g), onde di:

«g) Darlle publicidade ao financiamento polo Igape dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Consellería de Economía e Industria, e Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, medios electrónicos audiovisuais ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación».

Debe dicir:

«g) Darlle publicidade ao financiamento polo Igape dos gastos que sexan obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Igape e a Consellería de Economía e Industria, e Feder, así como lendas relativas ao financiamento público nos carteis, placas conmemorativas, materiais impresos que vaian ser obxecto de difusión máis alá do uso exclusivo do solicitante, ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación, sen prexuízo das normas sobre publicidade establecidas na normativa comunitaria que, de ser o caso, sexan de aplicación».

-Nas páxinas 14.723 e 14.724, substitúese o anexo I de solicitude polo que se publica con esta corrección de erros.

Ver referencia pdf "19700D005P008.PDF"