DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2010 Páx. 17.143

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de setembro de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña.

O centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña, solicita a supresión do 1º curso do ciclo formativo de grao superior de Interpretación da lingua de signos e a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de Integración social en quenda de tarde-noite.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente e de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Suprimir o 1º curso do ciclo formativo de grao superior de Interpretación da lingua de signos.

Segundo.-Autorizar o ciclo formativo de grao superior de Integración social en quenda de tarde-noite, no centro privado que se detalla a continuación:

Denominación: centro privado Tomás Barros.

Código: 15032169.

Domicilio: r/ Ramón Mª Aller, 12 entresollado.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Araceli Barros Cao.

Composición resultante para o curso 2010/2011:

*Quenda de mañá:

2 ciclos formativos de grao superior de Educación infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Integración social (1 unidade para 20 alumnos/as).

*Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao medio de Atención sociosanitaria (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Integración social (1 unidade para 20 alumnos/as).

2º curso do ciclo formativo de grao superior de Interpretación da lingua de signos (1 unidade para 20 alumnos/as).

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria