DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2010 Páx. 17.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de setembro de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

O centro privado Santa Apolonia, do concello de Santiago de Compostela, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos e autorización para impartir un segundo ciclo formativo de grao superior de Audioloxía protésica.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Suprimir o ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos.

Segundo .-Autorizar un segundo ciclo formativo de grao superior de Audioloxía protésica en quenda de tarde-noite, no centro privado que se detalla a continuación:

Denominación: centro privado Santa Apolonia.

Código do centro: 15025116.

Domicilio: A Poza Real, 5.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: María del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de ciencias e tecnoloxía; e humanidades e ciencias sociais.

Formación profesional:

*Quenda de mañá:

1 ciclo formativo de grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Próteses dentais (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

*Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao medio de Atención sociosanitaria (1 unidade para 20 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao medio de Sistemas informáticos e redes (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

2 ciclos formativos de grao superior de Audioloxía protésica (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Dietética (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 ciclo formativo de grao superior de Hixiene bucodental (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 ciclo formativo de grao superior de Interpretación da lingua de signos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Terceiro.-O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria