DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 07 de outubro de 2010 Páx. 16.897

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MAR

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do 16 de setembro de 2010, relativo a modificar a composición do Consello de Administración das autoridades portuarias de portos de interese xeral do Estado, situados na Comunidade Autónoma galega (Ferrol-San Cibrao, A Coruña; Marín e Ría de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo), para adaptalos ao disposto na Lei 33/2010, do 5 de agosto, de modificación da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral, que modifica o artigo 40 da Lei 27/1992, do 23 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na redacción dada pola Lei 62/1997, de reforma daquela Lei 27/1992,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 16 de setembro de 2010 que a continuación se transcribe:

1. Modificar a composición do Consello de Administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado situados na Comunidade Autónoma galega (Ferrol-San Cibrao, A Coruña; Marín e Ría de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo), para adaptalos ao disposto na Lei 33/2010, do 5 de agosto, de modificación da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos nos portos de interese xeral, que modifica o artigo 40 da Lei 27/1992, do 23 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na redacción dada pola Lei 62/1997, de reforma daquela Lei 27/1992, que quedan como se indica no anexo que se achega.

2. Facultar a persoa titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación dos vogais que compoñen o Consello de Administración destas autoridades portuarias.

3. Deixar sen efecto os acordos adoptados polo Consello da Xunta en todo aquilo que contradiga o disposto no presente.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2010.

Rosa Mª Quintana Carballo

Conselleira do Mar

ANEXO

*Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao terá a seguinte composición:

-Presidente.

-Capitán marítimo.

-13 vogais.

Os 13 vogais sinalados anteriormente designaranse do seguinte modo (cumprindo as regras de distribución establecidas no precepto):

-3 vogais por parte da Administración xeral do Estado.

-4 vogais por parte da comunidade autónoma.

-2 vogais por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

-1 vogal por parte da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.

-1 vogal por parte das organizacións empresariais.

-1 vogal por parte das organizacións sindicais.

-1 vogal por parte do sector pesqueiro no ámbito de actuación da autoridade portuaria (como sector económico relevante).

*Autoridade Portuaria da Coruña.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña terá a seguinte composición:

-Presidente.

-Capitán marítimo.

-13 vogais.

Os 13 vogais sinalados anteriormente designaranse do seguinte modo (cumprindo as regras de distribución establecidas no precepto):

-3 vogais por parte da Administración xeral do Estado.

-4 vogais por parte da comunidade autónoma.

-2 vogais por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

-1 vogal por parte da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.

-1 vogal por parte das organizacións empresariais.

-1 vogal por parte das organizacións sindicais.

-1 vogal por parte do sector pesqueiro no ámbito de actuación da autoridade portuaria (como sector económico relevante).

*Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra terá a seguinte composición:

-Presidente.

-Capitán marítimo.

-13 vogais.

Os 13 vogais sinalados anteriormente designaranse do seguinte modo (cumprindo as regras de distribución establecidas no precepto):

-3 vogais por parte da Administración xeral do Estado.

-4 vogais por parte da comunidade autónoma.

-2 vogais por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

-1 vogal por parte da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.

-1 vogal por parte das organizacións empresariais.

-1 vogal por parte das organizacións sindicais.

-1 vogal por parte do sector pesqueiro no ámbito de actuación da autoridade portuaria (como sector económico relevante).

*Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa terá a seguinte composición

-Presidente.

-Capitán marítimo.

-13 vogais.

Os 13 vogais sinalados anteriormente designaranse do seguinte modo (cumprindo as regras de distribución establecidas no precepto):

-3 vogais por parte da Administración xeral do Estado.

-4 vogais por parte da comunidade autónoma.

-2 vogais por parte dos municipios en cuxo termo está localizada a zona de servizo do porto.

-1 vogal por parte da Cámara de Comercio, Industria e Navegación.

-1 vogal por parte das organizacións empresariais.

-1 vogal por parte das organizacións sindicais.

-1 vogal por parte do sector pesqueiro no ámbito de actuación da autoridade portuaria (como sector económico relevante).

*Autoridade Portuaria de Vigo.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo terá a seguinte composición