DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 07 de outubro de 2010 Páx. 16.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2010 pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas en virtude da Orde do 12 de novembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Vista a proposta da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, en relación coas axudas correspondentes ao artigo 2.2.1 tradución para outras linguas de obras redactadas orixinariamente en galego, da Orde do 12 de novembro de 2009 (DOG nº 232, do 26 de novembro), pola que se convocan axudas á promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e de acordo co establecido no artigo 7 desta,

RESOLVO:

Conceder as subvencións, polas contías que se indican, aos proxectos editoriais que se relacionan no anexo adxunto, comezando polo título 30 gramos da editorial Alvarellos Editores, e acabando polo título Catro poetas galegos da editorial Verlag Ludwig-Kiel.

A suma total destas axudas ascende a contía de (236.986 €) douscentos trinta e seis mil novecentos oitenta e seis euros, dos que se pagarán no ano 2010 cento dezaoito mil catrocentos cincuenta e tres con dezasete euros (118.453,17 €) e no ano 2011 cento dezaoito mil catrocentos noventa e dous con oitenta e tres euros (118.492,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os beneficiarios desta axuda quedan obrigados a cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da dita orde.

Notificarlles aos interesados esta resolución, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2010.

Roberto Varela Fariñá

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "19400D008P025.PDF"