DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 07 de outubro de 2010 Páx. 16.888

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2010 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas para mantemento e conservación do patrimonio etnográfico no territorio histórico dos camiños de Santiago.

Esta consellería resolveu a publicación de beneficiarios, que se especifican no anexo, das axudas concedidas no ano 2010 ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas ao mantemento e conservación do patrimonio etnográfico no territorio histórico dos camiños de Santiago para particulares e institucións sen ánimo de lucro.

Estas axudas fináncianse con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.433A.781.0 dos vixentes orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2010.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "19400D006P023.PDF"