DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 07 de outubro de 2010 Páx. 16.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esa consellería no segundo cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2010.

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Consellería de Economía

e Industria

Ver referencia pdf "19400D006P023.PDF"