DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 06 de outubro de 2010 Páx. 16.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2010 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas en virtude da Orde do 15 de marzo de 2010 pola que se fai pública a concesión de axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á materialización dos grandes proxectos editoriais publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do 6 de abril.

A Orde do 15 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 6 de abril) aprobou as bases e convocou as axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á materialización dos grandes proxectos editoriais para o ano 2010.

O artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

Resolvo:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.432A.770.0 «grandes proxectos editoriais».

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2010.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

Ver referencia pdf "19300D006P026.PDF"

Ver referencia pdf "19300D007P028.PDF"