DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 06 de outubro de 2010 Páx. 16.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de setembro de 2010 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro do concurso público convocado na Orde do 2 de xuño de 2010.

A Orde do 2 de xuño de 2010 (DOG do 8 de xuño) regula a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Vistos os informes-proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 10 da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

A concesión de axudas aos proxectos relacionados no anexo I.

Artigo 2º

Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II polos motivos que aparecen citados na correspondente epígrafe. Neste anexo específícanse tamén as solicitudes que non atenderon ao requirimento de emenda de erros en forma e/ou no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º

Excluír os proxectos relacionados no anexo III por seren presentados fóra do prazo establecido na convocatoria.

Artigo 4º

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 5º

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega, a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento co disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como ás sancións impostas aos beneficiarios.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "19300D004P011.PDF"