No Diario Oficial de Galicia número 175, do 10 de setembro de 2010, publicouse a citada orde. Advertidos erros no seu texto, procédese á súa corrección nos seguintes termos:
Na páxina 15.779, anexo II, onde di: «Formulario de consulta e reprodución de fondos», debe dicir: «Formulario de consulta e reprodución de documentos».
No mesmo anexo, na terceira columna da parte central, onde di «sinatura», debe dicir «signatura». No texto que figura no final, onde di: «...un ficheiro titularidade...», debe dicir: «...un ficheiro de titularidade...».