DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2010 Páx. 16.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA de axudas de acción social para o persoal do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2010.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, en reunión do 21 de setembro de 2010, aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2010. Ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2010.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia