DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2010 Páx. 16.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de setembro de 2010 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de setembro de 2010.

Advertidos erros na Orde do 22 de setembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 185, do 24 de setembro, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 16.418, anexo correspondente ao Hospital Virxe da Xunqueira: na fila correspondente ao persoal facultativo (A. Clínica/hospitalización), onde di: «10 efectivos na quenda de mañá», debe dicir: «7 efectivos na quenda de mañá»; na fila correspondente ao persoal DUE (A. Clínica/hospitalización), onde di: «8 na quenda de mañá, 6 na de tarde e 4 na de noite», debe dicir: «9 na quenda de mañá, 7 na de tarde e 4 na de noite»; na fila correspondente ao persoal sanitario de F.P. (persoal técnico en coidados de enfermaría), onde di: «13 na quenda de mañá, 8 na de tarde e 5 na de noite», debe dicir: «14 na quenda de mañá, 9 na de tarde e 5 na de noite».

-Na páxina 16.419, anexo correspondente á Xerencia de Atención Primaria da Coruña: na fila correspondente a limpeza (contratada), onde di: «12 na quenda de mañá», debe dicir: «13 na quenda de mañá».

-Na páxina 16.419, anexo correspondente ao Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo): suprímese a fila correspondente ao Hospital da Barbanza.

-Na páxina 16.420, anexo correspondente ás contratas da Área Sanitaria de Ferrol: debe engadirse unha fila de limpeza centros hospitalarios (contratada) con 29 efectivos na quenda de mañá, 21 na quenda de tarde e 2 na quenda de noite. Os efectivos fixados para vixilancia e seguranza (2 na quenda de mañá e 2 na quenda de tarde) refírense exclusivamente ao ámbito da atención primaria, e debe engadirse unha fila correspondente a vixilancia e seguranza de centros hospitalarios cos seguintes efectivos: 7 na quenda de mañá, 3 na quenda de tarde e 6 na quenda de noite.

-Na páxina 16.420, anexo correspondente ao Hospital Comarcal da Costa de Burela: na fila correspondente ao persoal facultativo (urxencias), onde di: «5 efectivos na quenda de mañá, 4 na de tarde e 3 na de noite», debe dicir: «3 na quenda de mañá, 3 na de tarde e 2 na de noite».

- Na páxina 16.422, anexo correspondente á Complexo Hospitalario Universitario de Vigo: debe engadirse unha fila correspondente á vixilancia e seguridade (contratada), con 5 efectivos na quenda de mañá, 5 na quenda de tarde e 4 na quenda de noite.

-Na páxina 16.422, anexo correspondente á Xerencia de Atención Primaria de Vigo: na fila correspondente a condutor/a, onde di: «2 na quenda de mañá», debe dicir: «0 na quenda de mañá»; na fila correspondente a telefonista, onde di: «0 efectivos na quenda de mañá, 2 na de tarde e 2 na de noite», debe dicir: «0 na quenda de mañá, 1 na de tarde e 1 na de noite».

-Na páxina 16.424, anexo correspondente ao Instituto Médico Cirúrxico San Rafael (A Coruña): na fila correspondente ao persoal facultativo, onde di: «1 na quenda de mañá, 1 na de tarde e 1 na de noite», debe dicir: «4 na quenda de mañá, 2 na de tarde e 1 na de noite»; na fila correspondente ao persoal sanitario non facultativo, onde di: «11 na quenda de mañá, 8 na de tarde e 5 na de noite», debe dicir: «38 na quenda de mañá, 36 na de tarde e 10 na de noite»; na fila correspondente ao persoal non sanitario, onde di: «4 na quenda de mañá, 4 na de tarde e 0 na de noite», debe dicir: «11 na quenda de mañá, 10 na de tarde e 1 na de noite».