DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2010 Páx. 16.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 17 de setembro de 2010 pola que se reduce o crédito dispoñible para o financiamento das axudas previstas na Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para o Plan Renove de instalacións individuais domésticas de gas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2010 das axudas para a renovación dos equipamentos.

O 15 de xullo publicouse no DOG a Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para o Plan Renove de instalacións individuais domésticas de gas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2010 das axudas para a renovación dos equipamentos ( IN411A-presentación telemática).

A dispoñibilidade orzamentaria prevista inicialmente no artigo 2º da Orde do 7 de xullo de 2010 para o financiamento das axudas, con cargo á partida 08.04.732-A.780.0 foi de 499.000 euros.

Tendo en conta o tempo transcorrido e a evolución das solicitudes presentadas estímase que o crédito dispoñible non se esgotará coa finalización do prazo polo que para satisfacer outros compromisos aos cales se teñen que facer fronte de forma urxente, esta consellería decidiu reducir o crédito dispoñible para o financiamento das axudas previstas na Orde do 7 de xullo de 2010 á cantidade de 250.000 euros quedando o resto do crédito liberado.

En consecuencia, de acordo co uso de facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e a súa Presidencia, e Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

DISPOÑO:

Artigo 1º

A dispoñibilidade orzamentaria para o financiamento das axudas previstas na Orde de 7 de xullo de 2010, con cargo á partida 08.04.732-A.780.0 redúcese a 250.000 euros.

Artigo 2º

Esta modificación non afecta o prazo establecido na Orde do 7 de xullo de 2010 para a presentación das solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria