DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2010 Páx. 16.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de agosto de 2010 pola que se modifica a autorización do centro privado Povisa Formación Profesional, do concello de Vigo (Pontevedra).

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 170, do venres 3 de setembro de 2010, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 15.421, punto segundo, na composición resultante, onde se relacionan os ciclos formativos de grao medio e superior hai que incluír o seguinte ciclo formativo:

Ciclo formativo de grao superior de Radioterapia (1 unidade para 30 alumnos).