O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, un novo procedemento, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.
De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán.
DISPOÑO:
Artigo único
1. Inclúense no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os cales está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, e queda habilitado cos efectos previstos no seu artigo 5.1º o seguinte procedemento:
MR237B.-Axudas ás agrupacións de defensa sanitaria de Galicia.
2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo
http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta- de-galicia
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2010.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza