DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2010 Páx. 15.985

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 8 de setembro de 2010 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010 as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria.

A orde da Consellería de Traballo e Benestar do 10 de marzo pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria, establece no seu artigo 2.2º que os créditos estimados que financian os programas contidos na orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Como queira que existen dotacións que poden ser utilizadas para os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro procedentes de remanentes doutras convocatorias e de incorporacións de créditos, cómpre realizar e publicar esta ampliación dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 10 de marzo de 2010, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2010, na aplicación 12.04.322A.481.1 polos importes de 276.994,85 euros no código de proxecto 2009 01 010 e de 19.319,67 euros no código de proxecto 2007 00 667.

Artigo 2º

Esta modificación non afecta ao prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar