DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2010 Páx. 15.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

ORDE do 9 de setembro de 2010 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Turismo.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2010.

Roberto Varela Fariña

Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO

-Regreso á orixe. Unha viaxe contemporánea, Xerusalén, Roma, Santiago. 25 €.

-Faustino Santalices. Tradición musical galega. 15 €.

-Miradoiro Galicia. 30 €.

-Onde van os personaxes cando remata a novela?=¿Dónde van los personajes cuando la novela se acaba?=Where do characters go when the story is over? 10 €.

-Sopa de xarope de amora. 13,50 €.

-Anthology of Galician literature=Antoloxía da literatura galega (1196-1981). 25 €.

-Giseliña. 10 €.

-Bas Jan Ader. Entre dos tierras. 16 €.

-Granada. Na Alhambra á tardiña, poema sinfónico para orquestra. 50 €.

-Urbanismo en Lugo 1917-1970: Documentos de urbanismo no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 35 €.

-Vieira. Pecten Maximus. 0,30 €.

-Santiago Peregrino. Juan de Juanes. 0,30 €.

-Revista de Investigación del Camino de Santiago y las Peregrinaciones. Ad limina. (Volumen I. Año 2010). 30 €.

-Museo das Peregrinacións e de Santiago. 1 €.

-Afro Modern. Viajes a través del atlántico negro. 30 €.

-Actuacións arqueolóxicas. Ano 2008. 21 €.

-Ao pé do prelo. 21 €.

-Pel & Madeira. Repertorio básico para gaita e percusión galegas. Volume I, Cuarteto Tradicional. 35 €.

-From I to J. 31 €.

-Cámara Barroca. 30 €.

-Translatio Sancti Iacobi. A travesía marítima do Apóstolo. 7 €.

-A aventura modernista nas coleccións do Museo Nacional d’Art de Catalunya. 20 €.