DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2010 Páx. 15.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2010 pola que se resolve a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.

Vistos os proxectos presentados polos interesados, de acordo co establecido na Resolución do 23 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2010.

Visto o informe do 6 de agosto de 2010 da comisión de valoración na que se examinaron todos os proxectos presentados, así como o resultado da puntuación concedida a cada un dos proxectos, e a proposta de resolución acordada pola Dirección da Agadic, onde se propón que acaden a condición de proxectos subvencionables os relacionados no anexo, e a distribución do crédito entre os proxectos propostos, e respectando os límites máximos de subvención fixados tanto na convocatoria anual como nas bases reguladoras e de acordo co establecido no artigo 9º da Resolución do 23 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2010.

RESOLVE:

1. Conceder as subvencións que se relacionan no anexo, consonte cos criterios establecidos na Resolución do 23 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2010.

2. Inadmitir as seguintes solicitudes, por ter enviado a solicitude fóra do prazo establecido pola convocatoria:

Ver referencia pdf "17900D005P008.PDF"

5. Declarar non subvencionables o resto dos proxectos presentados por non acadar unha puntuación suficiente.

Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, transcorridos dez días hábiles desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

Esta resolución de concesión de subvencións ditada é definitiva na vía administrativa, consonte a Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais e a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e contra dela cabe interpor recurso de reposición ante a Presidencia do Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data da súa publicación no DOG ou o da súa notificación e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2010.

Roberto Varela Fariña

Presidente do Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais

Ver referencia pdf "17900D006P011.PDF"